25 de abril de 2025
A escola celebrou esta data tan sinalada cunha actividade moi especial.
Con motivo do Día do Libro, que tivo lugar o pasado mércores 23 de abril, a Escola Infantil Munipal Carricanta viviu unha mañá moi especial na que toda a escola se reuniu para compartir historias, cancións e poesías.
Cada neno e cada nena levaron un conto da casa á escola, e nas aulas compartiron estes preciosos tesouros.
Sen dúbida, foi unha xornada moi especial que a escola celebrou ao grande.
Entidades
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible