Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

A EIM Caracola imparte un ciclo de talleres dirixidos ás familias

Cando:

21 de febreiro de 2025

As sesións serán impartidas por profesionais especializados e terán un enfoque práctico.

Desde a Escola Infantil Municipal Caracola apostan pola formación continua das familias como unha ferramenta crave para acompañar o desenvolvemento da infancia de maneira consciente e respectuosa.

Nesta liña, e como parte do programa da escola "Escola de familias" ofrecerán, entre o 25 de febreiro e o 27 de xuño de 2025, un ciclo de talleres dirixidos ás familias onde se abordarán temas fundamentais sobre a crianza, saúde e educación.

Cada sesión será impartida por profesionais especializados e terá un enfoque práctico para que as familias poidan resolver dúbidas e adquirir ferramentas útiles no seu día a día.

Calendario de talleres

  • "Camiñando cara a un apego seguro" - Fomentando vínculos emocionais sólidos e saudables (25 de febreiro, de 16:00 a 17:30 horas).
  • "Hixiene postural na infancia" - Prevención de problemas posturales desde a infancia (25 de marzo, de 16:00 a 17:30 horas).
  • "Patios vivos regenerativos" - Reflexionar sobre a importancia da contorna exterior na educación. Biodiversidade e xogo. (8 de abril, de 16:00 a 17:30 horas).
  • "Primeiros auxilios en 0-3 anos" - Respostas crave ante emerxencias. (22 de abril, de 16:00 a 17:30 horas).
  • "Control de esfínteres" - Respectar o momento evolutivo. (20 de maio, de 16:00 a 17:30 horas).
  • "Educar en igualdade" - Construír unha sociedade sen discriminacións. (3 de xuño, de 16:00 a 17:30 horas).
  • "Cociña de forma segura e consciente" - Materiais de cociña respectuosos. (27 de xuño, de 16:00 a 17:30 horas).

Todos os talleres celebraranse na propia escola.

Inscrición e máis información: inscripcion@acaracola.com

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible