Alumnado de 3.º, 4.º, 5.º e 6.º de educación primaria de centros da Coruña
A través do correo educacion@coruna.es
Duración de 1 hora
O Ciclo Coruña Olímpica achega a experiencia olímpica de deportistas coruñeses/as aos e ás estudantes da nosa cidade a través dunha entrevista humana e próxima.
Nos días previos á visita da persoa protagonista, o alumnado fará un traballo sobre o que é e que repercusión ten un evento da magnitude dos Xogos Olímpicos. Traballarase a historia antiga e moderna dos ditos xogos, o complexo camiño da clasificación, a preparación psíquica e física dos/as atletas, a presión da competición, o número de deportes olímpicos e tantas e tantas historias e curiosidades que rodean unha cita olímpica.
Documentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible