*ata esgotárense as prazas
Auditorio del Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
O programa de dinamización lingüística "Falamos" pretende promover a interacción entre a escola e a súa contorna para facer máis rendibles os recursos e os esforzos deses dous ámbitos en prol da normalización do galego.
Normalización Lingüística ten establecida, entre as súas funcións, a de realizar diferentes programas de dinamización lingüística para avanzarmos na normalización social do galego, entre os que se atopa o programa Falamos secundaria.
Os obxectivos máis concretos do Falamos secundaria son os seguintes:
ACTIVIDADES DIRIXIDAS AO ALUMNADO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA
Co fin de conseguirmos estes fins, no outono de 2023 imos desenvolver as seguintes actividades:
As actividades realizaranse no auditorio do Centro Ágora para 330 persoas dos centros que as demanden (por orde de inscrición).
As solicitudes de inscricións realizaranas os centros interesados a través de Coruña Educa en: https://edu.coruna.gal/coruna_educa_centros dende o luns 9 de outubro ata que se esgoten as prazas.
Deberannos indicar o curso e o número de alumnado e de profesorado acompañante, cun máximo de 60 persoas por cada centro. Confirmaráselles a inscrición aos centros por orde de solicitude ata que se complete a capacidade do auditorio. A actividade é de balde. O pagamento do transporte para asistir a ela (se for preciso) é por conta dos centros. Pídese que se estea no Centro Ágora con 20 minutos de antelación.
Popsía é o novo proxecto musical de Fran Amil. Pop, soul, rock, funky e outros ritmos en mestizaxe coas raíces da música galega. Isto é "Popsía", o novo disco co que Fran Amil quere achegar os clásicos da lírica galega de todos os tempos á mocidade do século XXI. Válese dun animoso ton de xúbilo que sorprende en moitos dos temas, algúns mesmo tradicionalmente tan pouco ligados ao alborozo como "Negra sombra". Mendiño, Rosalía de Castro, Leiras Pulpeiro, Amado Carballo, Avilés de Taramancos, Antón Tovar, Xosé María Díaz Castro, Celso Emilio Ferreiro, Afonso X O Sabio e Valle-Inclán soan brillantes e como non o fixeran ata o de agora.
A Banda AldaoLado está formada polas poetas Lucía Aldao e María Lado e polas músicas Violeta Mosquera na batería, Macarena Montesinos no baixo e Rubén Abad na guitarra. En 2019 Aldaolado centráronse en compoñer cancións con letra e música propia, temas que inclúen poemas da súa autoría. Así chegaron a xuntar un bo feixe de pezas que recolleron en dous discos de estudio. O primeiro deles, 'CASA!', foi publicado en 2021. Este 2023 presentaron 'Forestal', o seu segundo traballo en formato banda, unha proposta máis expansiva para vestir as creacións das dúas poetas con novas texturas e acompañamentos sen ter que renunciar á proximidade de sempre.
Máis información en https://www.coruna.gal/lingua/gl/novas e a través de inscricionslingua@coruna.es
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible