30 de outubro de 2024
A actividade, dirixida ao alumnado de 3.º e 4.º de educación primaria, constaba dunha serie de talleres relacionados co Samaín e un desfile final polo centro da cidade.
Alumnado de 5.º e 6.º de EP de 11 centros educativos da cidade celebraron o pasado 30 de outubro o Samaín polas rúas da cidade. Realizouse un pasarrúas terrorífico no que os alumnos e as alumnas mostraron os disfraces que confeccionaron nos talleres realizados nos seus respectivos centros entre o 7 e o 24 de outubro.
O xoves 31 de outubro, a comitiva foi recibida no Concello por representantes municipais, que lles entregaron aos grupos diversos premios consistentes en bonos para mercal material escolar.
Os colexios que gozaron desta actividade foron: CEIP Labaca, CEIP Concepción Arenal, CEIP Sal Lence, CEIP José Cornide Saavedra, CPR Cid, CEIP Curros Enríquez, CEIP Zalaeta, CEIP Cidade Vella, CEIP Manuel Murguía e CEIP Aneja.
Programa ao que pertence
Para a celebración do Samaín propóñense uns talleres e un pasarrúas para realizar co alumnado dos centros educativos da cidade.
Máis informaciónSentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible