Concello da Coruña

Concello da Coruña

Programa ao que pertence

Parque de Santa Margarida: espertando os sentidos

Esra ruta permitiralle ao alumnado de 2 e 3 anos descubrir e coñecer o Parque de Santa Margarida como contorna natural e de recreación, así como os elementos naturais e/ou especies vexetais que o habitan.

O seu olfacto, habilidades e dotes de exploración farán que, mediante a observación, a exploración e a percepción sensorial entren no parque para lle axudar ao "Cascanoces" (o trasgo gardián do parque) a levar a cabo as súas rutinas diarias antes da súa apertura ao público.

Coa axuda destes "pequenos exploradores" e, unha vez finalizado este percorrido, o Parque de Santa Margarida quedará outra vez a recado e conservarase limpo e cheo de vida con todas as especies vexetais e animais que o poboan.

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Complementaria

Localización do centro:

Só da Coruña

Titularidade do centro:

Público, Privado, Concertado

Obxecto:

  • Descubrir e coñecer o parque de Santa Margarida e os elementos (especies animais, vexetais, construcións, esculturas, mobiliario urbano...) que se atopan nel, a través da percepción de sensacións auditivas, olfactivas, visuais...
  • Observar e explorar o medio natural utilizando o xogo como ferramenta para a adquisición de coñecementos sobre esta contorna natural.
  • Desenvolver unha actitude de valoración e respecto pola contorna natural e o patrimonio cultural, así como afianzar unha autonomía idónea para desenvolverse no devandito medio.

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 3 e 4 anos de EI

Cando:

Ver as condicións xerais do programa.

Inscricións:

Ver as condicións xerais do programa.

Contacto:

Federación das ANPA de centros públicos

Rúa Orzán, 21, 15003 A Coruña

Tel.: 981 202 002 / 981 201 877

ocio@fedapascoruna.org

Servizo Municipal de Educación

Tel.: 981 184 200 ext. 12047 Fax: 981 184 397

educacion@coruna.es

Programa ao que pertence

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión