Concello da Coruña

Concello da Coruña

Programa ao que pertence

Un museo ao aire libre

Esta ruta preséntase baixo a estrutura dun "itinerario guiado por estacións", é dicir, o/a educador/a será a persoa encargada de levar o alumnado polas catro estaciones e desenvolver con el as actividades interactivas no "Recheo" dos xardíns de Méndez Núñez.

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Complementaria

Localización do centro:

Só da Coruña

Titularidade do centro:

Público, Privado, Concertado

Obxecto:

  • Descubrir e coñecer unha parte dos Xardíns de Méndez Núñez, máis concretamente o espazo do "Recheo" así como os elementos que se atopan nel, facendo fincapé neses aspectos arquitectónicos e escultóricos.
  • Observar e explorar o medio urbano empregando o xogo como ferramenta para a adquisición de comportamentos cívicos.
  • Desenvolver unha actitude de respecto polo mobiliario urbano e o patrimonio artístico que está presente nese espazo de esparexemento.

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 5 anos de EI

Cando:

Ver condicións xerais do programa

Inscricións:

Ver condicións xerais do programa

  1. A arte de escoitar (no palco da música): aprender a diferenciar os sons que provocan os obxectos, a deducir os emisores de son e reproducilos imitando o seu aspecto tímbrico.
  2. A arte de observar (arredor de estatua de Curros Enríquez): recoñecer os diferentes obxectos e personaxes que configuran a estatua de Curros Enríquez.
  3. A arte de construír (fronte ao Kiosko Alfonso): organizar e crear a composición dos tres edificios que existen actualmente neste espazo da cidade.
  4. A arte de comparar (arredor da estatua de Daniel Carballo): localizar e recoñecer as parellas de imaxes dos diferentes elementos que se atopan nos xardíns e que posúen os/as participantes.

Unha vez realizadas as catro actividades propostas realizarase unha pequena posta en común, onde se tratará de reforzar os contidos máis interesantes da ruta: construción do "Recheo", primitiva zona de recreo, construcións características...

Contacto:

Federación de ANPAS de centros públicos 

C/ Orzán, 21. 15003 A Coruña

Tel. 981 202 002 / 981 201 877

ocio@fedapascoruna.org

Servizo Municipal de Educación

Tel. 981 184 200 ext. 12047 Fax: 981 184 397

educacion@coruna.es

Programa ao que pertence

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión