Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concurso de drons 2024-25

Sesións de formación e de familiarización no manexo de drons para posteriormente participar no concurso.

Trátase de propiciar a introdución na aula dunha tecnoloxía nova e motivadora e de alcanzar obxectivos educativos a través do manexo e da programación de Droneblocks do dron Tello.

Localización do centro:

De calquera concello

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

Alumnado dos seguintes niveis agrupados en dúas categorías e en equipos de 3 membros:

  • de 1.º a 3.º de ESO
  • 4.º de ESO, BACH e FP de grao medio

Teñen preferencia os centros inscritos no "Obradoiros e concurso de robótica" e os centros que non tiveron experiencias previas con drons, xa que se pretende facilitar a introdución desta tecnoloxía na aula.

Horario:

A actividade realizarase no IES Ramón Menéndez Pidal.

As datas de realización son o 21 e 22 de outubro, en dúas quendas, de 16.30 a 17.45 h e de 17.45 a 19.00 h.

Remuneración / Custo:

Concederanse premios de 100 €, un por cada categoría e outro ao centro mellor clasificado do Concello da Coruña.

Un centro non poderá levar máis dun premio. O grupo de alumnos/as concursará pola categoría máis alta, se no mesmo equipo as persoas participantes son de distinta categoría.

Prezo / Custo:

Gratuíto

Obxecto:

  • Desenvolver o pensamento computacional, incorporando o potencial do razoamento lóxico (eventos, secuencias, bucles, variables, funcións, condicionais...), como sistema de resolución de problemas.
  • Desenvolver o pensamento crítico, a comunicación e o deseño colaborativo.
  • Mellorar a orientación e visualización espacial.

A data de entrega de premios está por determinar, farase no IES Ramón Menéndez Pidal.

1 premio por categoría: ESO e Bacharelato, e mellor centro do Concello da Coruña

Cando:

Dende o 21/10/2024 ata o 22/10/2024

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 16/09/2024 ata o 16/10/2024

Os centros participantes deberán anotarse na ficha de inscrición do servizo de educación do 16 de setembro ao 16 de outubro.

Unha vez realizada a inscrición na ficha de inscrición do servizo de educación, os centros teñen que acceder á ficha de solicitude de IGACIENCIA e inscribirse desde o 26 de setembro ao 11 de outubro.

  • Do 26/09, ás 10 h, ao 2/10, para os centros do Concello da Coruña:
    • 1 grupo por centro na actividade de Robótica o que, á súa vez, dará opción a inscribir 1 equipo por centro na actividade de Drones, de ter interese en participar tamén nesta actividade.
  • Do 3/10, ás 10 h, ao 8/10, para os centros de fóra do Concello da Coruña coas mesmas condicións que figuran no apartado anterior.
  • Do 9/10, ás 10 h, ao 11/10, se quedan prazas libres, inscrición para todos os centros dun segundo grupo en Robótica e/ou equipo en drones. Tamén terán opción de inscribir un equipo en Drones calquera centro, aínda que non estea inscrito en Robótica.

Contacto:

IGACIENCIA

Inés Ben. secretaria@igaciencia.org

SERVIZO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN

Tfno: 981-184200 ext 10231 educacion@coruna.gal

Requisitos:

Non é precisa unha formación previa pero solicitarase que se visualice previamente o vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=KqZe2QPYDxg

Organiza:

Enderezo:

Rúa Mª Victoria Fdez-España y Fdez-Latorre 2. 15002 A Coruña

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión