O Concello da Coruña, a través do Servizo de Educación, promove o proceso de activación do Consello Local da Infancia da Coruña, CLIAC. Un proceso e un programa de participación infantil a desenvolver durante o curso escolar 2022-2023 que dá continuidade ao traballo realizado por un grupo de centros durante o pasado curso, que tivo a súa conclusión no Pleno Infantil celebrado en novembro de 2021. Nese encontro, as nenas e nenos participantes trasladaron a necesidade de constituír un órgano estable de participación infantil, garantindo o dereito á participación da infancia, recollido na Convención sobre os Dereitos do Neno, aprobada en 1989. O seu obxectivo último é constituír un grupo estable de traballo con nenas e nenos da cidade que traslade a voz da infancia ás políticas públicas do Concello.
A lista de reproducción de CLIAC no canle de YouTube de Educación e Memoria Histórica está dispoñible cos vídeos deste prograama.
Sólo de A Coruña
Participación
Alumnado e profesorado de 5º e 6º dos CEIP da Coruña
Gratuíto.
O obxectivo último deste programa é a activación, en maio de 2023, do Consello Local da Infancia da Coruña, un órgano representativo onde nenas e nenos de toda a cidade sexan as representantes da infancia e trasladen ao Concello as necesidades, propostas e suxestións en torno ás cuestións que lles afectan no día a día, exercendo así o seu dereito a participación e levando á práctica o labor da cidadanía participativa.
Como pasos previos á constitución deste órgano, cómpre realizar un traballo previo coas crianzas,tanto nas aulas como fóra. Este traballo comezará liderado polo profesorado de 5º e 6º de Educación Primaria, que apoiados nunha guía didáctica para o traballo en aula, compartirán co seu alumnado contidos e dinámicas sobre dereitos da Infancia, participación cidadá e valores democráticos, facilitando que nenas e nenos comecen a valorar os procesos participativos e recoñezan a súa capacidade para formar parte do primeiro órgano representativo da infancia da cidade, convidándoas a candidatarse para o CLIAC.
Con este pequeno grupo, formado por nenas e nenos de todos os centros participantes, realizaranse sesións formativas en horario extraescolar, preparándoas para a participación na sesión de constitución do CLIAC que terá lugar en maio, aprobando así formalmente este novo órgano.
Desde el 01/10/2022 hasta el 31/05/2023
Ya ha finalizado
Desde el 15/09/2022 hasta el 16/01/2023
Poderá participar na actividade o alumnado de 5º e 6º dos CEIP da Coruña. Para candidatarse epoder formar parte do CLIAC, deberán contar coa autorización das súas titoras ou titores legais. Écondición indispensable para a participación no proxecto a implicación dunha profesora ou profesorpor grupo.
Dossier da actividade e guía para o traballo autónomo eu aula para oprofesorado.
Equipo da empresa adxudicataria responsable do desenvolvemento do programa
Se queres coñecer máis sobre este proceso podes ver o seguinte vídeo.
Noticias relacionadas
Documentos relacionados
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible