Concello da Coruña

Concello da Coruña

Converxencias arte e ciencia 2024-25 - Exposición

A exposición "Converxencias, arte e ciencia", organizada pola Institución Galega de Ciencia (IGACIENCIA) e o Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña, enmárcase dentro das actividades de difusión da ciencia e da cultura científica na sociedade, para mostrar as sinerxías e os vínculos entre a arte e a ciencia, propiciar a comprensión do método científico, a resolución de problemas, o espírito crítico e o interese social pola ciencia e a innovación como base do progreso.

Localización do centro:

De calquera concello

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Outras

Titularidade do centro:

Público, Concertado, Privado

A quen vai dirixido?:

Preferentemente, alumnado de ESO, BACH e FP.

Tamén existe a posibilidade de adaptar a sesión para a Escola de Arte e a Universidade da Coruña.

Horario:

Desde o 20/01/2025 ata o 24/01/2025:

  • Visitas e obradoiros para os centros educativos de dúas horas de duración, horarios:
    • De 09.15 a 11.15
    • De 10.50 a 12.50
    • De 12.30 a 14.30
  • Parte expositiva aberta ao público en xeral, en horario de 15.00 a 21.00 h.

Prezo / Custo:

Gratuíto.

Obxecto:

O obxectivo fundamental dos obradoiros-exposición é ilustrar e afondar no diálogo entre a ciencia, a arte e a tecnoloxía, primando en todo momento o compoñente didáctico e divulgativo para achegarse ao público xeral e, especialmente, á mocidade. Trátase dunha proposta que propicia o tratamento STEAM nas aulas (ciencia, tecnoloxía, enxeñaría, arte e matemáticas). Unha maneira de traballar a ciencia e a arte en proxectos conxuntos, que impliquen ambos os aspectos.

Na exposición preténdese explorar esa interacción dinámica das conexións entre a arte e a ciencia, para establecer visións integradas e integradoras, para iso selecciónanse obras e autores representativos de distintos movementos artísticos ao longo do tempo.

Nesta ocasión a viaxe iníciase na arte celta e céntrase especialmente en movementos artísticos dos últimos séculos para terminar con obras de arte dixital 3D, de Manuel Díaz Regueiro, recentemente expostas en congresos internacionais.

ESTRUTURA E COMPOSICIÓN DA PROPOSTA:

Presentación animada sobre o uso das matemáticas no método compositivo e o uso da cor por Juan Gris. O Cubismo.

-Parte expositiva:

  • Paneis interpretativos que poñen de manifesto as conexións coa ciencia das distintas obras obxecto de análises.
  • Obras de arte dixital impresas en 3D de Manuel Díaz.
  • Algún dos poliedros realizados por centros educativos e premiados no concurso Novos Poliedros, realizados nos anos 2021 a 2023.

- Obradoiros

En función das características do grupo, desenvólvense algúns dos seguintes talleres para implementar a parte expositiva:

  • Conxunto de actividades relacionadas coa simetría:
    • Simetrías 2D (libros de espellos, escritura de Leonardo, programa os 17 grupos de simetrías)
    • Simetrías 3D (poliedros, simetrías especulares, caleidoscopios poliédricos...)
  • Tramas e ilusións ópticas
  • Espirais de Fibonacci
  • Topoloxía. Cordas topolóxicas e banda de Möebius
  • Creando e interpretando mosaicos: xogo de Alhambra, tipo Escher, de Penrose
  • Grupos. Dun poliedro ou dunha figura plana
  • Zome. Polidróns. Icosaedro áureo, Tensegridades, Xogos 3D...
  • Os poliedros na arte

Cando:

Dende o 20/01/2025 ata o 24/01/2025

As datas poden sufrir modificacións por motivos de organización.

Inscricións:

Dende o 16/09/2024 ata o 16/10/2024

Ficha de solicitude

Contacto:

IGACIENCIA

Inés Ben (secretaria@igaciencia.org)

Servizo Municipal de Educación

Tel. 981 184 200 ext. 10231 (educacion@coruna.gal)

Requisitos:

Grupos de ata 40 alumnos/as por sesión.

Organiza:

IGACIENCIA e Servizo Municipal de Educación

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Máis información:

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión