Concello da Coruña

Concello da Coruña

Deporte no centro 2023-24

É un programa integral de actividades físico-deportivas para o alumnado dos centros educativos públicos da cidade, desde a filosofía do 'deporte para todos'.

As propostas deportivas realízanse en horario extraescolar, nas propias instalacións dos centros e os eventos especiais e competicións, nas instalacións deportivas municipais.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Extraescolar

Titularidade do centro:

Público

A quen vai dirixido?:

Preferentemente alumnado de EI e EP. Tamén poderá ter cabida o alumnado de ESO, Bacharelato e FP de centros públicos do municipio.

Horario:

2 sesións semanais de 1 hora, distribuídas en días alternos (luns-mércores e martes-xoves), sempre dentro da franxa horaria de 16.00 a 18.00 h. Excepcionalmente valorarase a realización de 2 horas seguidas, unicamente os venres, para os centros que necesiten conciliar as 10 horas semanais.

O horario de cada actividade determínao a ANPA de cada centro educativo seguindo as directrices anteriores.

Prezo / Custo:

COTAS TRIMESTRAIS A ABOAR

Aboaranse 3 cotas ao longo do curso 23/24 nos seguintes períodos:

  • Período outubro-decembro: 21 € por participante e escola deportiva.
  • Período xaneiro-marzo: 21 € por participante e escola deportiva.
  • Período abril-maio: 21 € por participante e escola deportiva.

Todos os escolares inscritos aboarán unha única cota anual de 4 € en concepto de seguro de accidentes, que lles dará cobertura a todos os programas de lecer xestionadas pola Federación da ANPA no período lectivo do curso 23/24.

Obxecto:

  • Gozar da actividade motriz e deportiva como un medio para sentirse a gusto consigo mesmo e cos demais.
  • Participar na actividade deportiva con independencia do nivel de habilidade alcanzado, aceptando as normas e respectando as diferenzas entre os/as participantes.
  • Adquirir hábitos hixiénicos e saudables directamente relacionados coa práctica de actividades motrices e deportivas.
  • Desenvolver as habilidades motrices básicas e aquelas directamente vencelladas ás prácticas deportivas elixidas (especialmente nos últimos cursos de E. Primaria).
  • Desenvolver as capacidades motrices, con especial incidencia nos elementos fundamentais das perceptivo e as socio-motrices xenéricas (E.I.), así como os específicos directamente vencellados ás prácticas deportivas (E. Primaria).
  • Resolver situacións vencelladas a unha práctica deportiva, mediante a selección e o dominio de habilidades motrices.
  • Proporcionar, a través do deporte, experiencias gratificantes que lles orienten á hora de utilizar adecuadamente o seu tempo libre.

MODALIDADES DEPORTIVAS

- En Educación Infantil: Propostas baseadas na mellora da motricidade xeral a través do xogo. Diferénciase as propostas lúdicas relacionadas co ritmo, a música e o movemento (Xogos Rítmicos) das que non teñen a música como elemento esencial (Xogos Motores). Outras propostas como xogos tradicionais, xogos de taboleiro, así como o prepatinaje completan a oferta para esta etapa educativa.

- En Educación Primaria: Os primeiros cursos de Primaria óptase polas propostas que están entre o xogo e o deporte, isto son os xogos predeportivos e o Predeporte (evolución natural dos xogos motores). Ademais outras propostas como o RITMO (evolución dos Xogos Rítmicos). Nos últimos cursos desta Etapa Educativa exponse unha práctica máis estruturada en canto ás actividades rítmicas refírese (Baile Moderno, Ximnasia Rítmica) así como propostas deportivas específicas (Baloncesto, Fútbol sala, Tenis etc.). Os xogos de taboleiro terán a súa concreción no xadrez, e o prepatinaje ten a súa continuidade ao longo desta etapa educativa con contidos máis específicos e complexos que derivarán, por exemplo, en patinaxe artística ou hóckey a patíns.

A metodoloxía empregada baséase nun modelo participativo e activo de todos os membros do grupo que, independentemente do seu nivel de habilidade, logre que sentan a gusto na actividade.

Cadro resumo de actividades:

DEPORTE NO CENTRO (ESCOLAS DEPORTIVAS PARA O CURSO 23/24)

EDUCACIÓN INFANTIL

EDUCACIÓN PRIMARIA

4º, 5º E 6º

1º E 2º

3º E 4º

5º E 6º

XOGOS RÍTMICOS

RITMO

BAILE MODERNO 1

BAILE MODERNO 2

XIMNASIA RÍTMICA 1

XIMNASIA RÍTMICA 2

XOGOS TRADICIONAIS 1

XOGOS TRADICIONAIS 2

DEPORTES ALTERNATIVOS 1

DEPORTES ALTERNATIVOS 2

XOGOS DE TABOLEIRO E FICHAS

PRE-XADREZ

XADREZ 1

XADREZ 2

XOGOS MOTORES

PRE-DEPORTE

ATLETISMO 1

ATLETISMO 2

BALONCESTO 1

BALONCESTO 2

FÚTBOL SALA 1

FÚTBOL SALA 2

MULTIDEPORTE 1

MULTIDEPORTE 2

TENIS 1

TENIS 2

VOLEIBOL 1

VOLEIVOL 2

PREPATINAXE

PREPATINAXE 2

PATINAXE ARTÍSTICA 1

PATINAXE ARTÍSTICA 2

HÓCKEY PATÍNS 1

HÓCKEY PATÍNS 2

* As agrupacións cubrirán preferentemente dous cursos consecutivos. Aínda que por cuestións de organización, e previa homologación técnica, poderanse incluír un terceiro curso sempre consecutivo aos dous seleccionados. En ningún caso mesturaranse cursos de etapas educativas distintas.

Poderán solicitarse outras modalidades deportivas sempre que o centro educativo dispoña de infraestruturas necesarias para a súa realización.

ACTIVIDADES DE FIN DE ANO

Realización de varios ENCONTROS DEPORTIVOS, dentro e fóra do horario escolar, así como algunhas MOSTRAS DE PATINAXE para as familias dos/as escolares en actividade:

  • Mércores 13 de decembro: Encontro de baloncesto entre os CEIP Víctor López Seoane - Rosalía de Castro (17 a 18 h.).
  • Xoves 14 de decembro: Encontro de baloncesto entre os CEIP Juan Fdez. Latorre - Raquel Camacho (17 a 18 h.)
  • Sábado 16 de decembro: Encontro de xadrez, en Fórum Metropolitano, para escolares dos CEIP Alborada - Concepción Arenal - Rosalía de Castro (de 11 a 13 h.).
  • Martes 19 de decembro: Exhibición de patinaxe dos grupos de infantil do CEIP San Francisco Xabier (de 16:30 a 17 h.).
  • Martes 19 de decembro: Exhibición de patinaxe dos grupos de 1º e 2º de Ed. Primaria do CEIP San Francisco Xabier (de 17:30 a 18 h.).
  • Mércores 20 de decembro: Exhibición de patinaxe dos grupos de 4º a 6º de Ed. Primaria en CEIP San Francisco Xabier (de 16:30 a 17 h.).

Posiblemente algún centro máis fará xornada final de portas abertas con algunha actividade, pero están as datas sen concretar.

Cando:

Dende o 02/10/2023 ata o 31/05/2024

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 11/09/2023 ata o 17/09/2023

Inscrición centros

Ficha de solicitude xeral (a cubrir polo centro)

A inscrición realizarase en liña: www.fedapascoruna.org/inscripciones

Contacto:

Servizo Municipal de Educación

educacion@coruna.gao

981 184 200 ext. 22012, 22013 e 10259

Requisitos:

Mínimo de 10 escolares para formar grupo. A partir de 20, desdobrarase o grupo. Os grupos formaranse por tramos de idade de 2 ou 3 cursos consecutivos.

A elección polo alumnado da actividade deportiva está condicionada á oferta que faga cada centro educativo, a través da ANPA ou a entidade que xestione as actividades, en función da dispoñibilidade das instalacións e dos intereses do alumnado na inscrición.

Recursos materiais:

O centro escolar deberá proporcionar os espazos adecuados para realizar as actividades deportivas do programa.

Recursos humanos:

Cada grupo ou escola deportiva que se forme terá como responsable a un único educador/a, excepto aqueles grupos que polas súas especiais características necesiten dun/dunha educador/a de reforzo.

Máis información:

Federación Provincial de ANPA de Centros Públicos

Rúa Orzán, 21. 15001 A Coruña

Tel. 981 202 002 // 981 201 877

ocio@fedapascoruna.org

Documentos relacionados

  • Dossier Programas A Coruña Tardes 2023-24 (2 MB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión