Concello da Coruña

Concello da Coruña

O sistema de control do aire da Coruña (parque de Santa Margarida) 2024-25

Visita guiada. Duración aproximada: 90 minutos.

Servizo municipal:

Medio Ambiente

Tipo de actividade:

Complementaria

Obxecto:

  • Descubrir o funcionamento e os parámetros estudados nas Estacións de Vixilancia da Calidade do Aire na Coruña. Cantas e cales son na nosa cidade.
  • Dar a coñecer indicadores naturais da contaminación atmosférica que están ao noso arrredor: liques e plantas alértannos.
  • Coñecer e demandar a obrigatoriedade das autoridades de controlar a calidade do aire que respiramos.

Contidos

  • O ruído percibido directamente na rúa.
  • Medición do son: os decibeles.
  • Niveis de ruído e efectos á súa exposición.
  • Medición de parámetros meteorolóxicos nas casetas do Aire.
  • Medición da contaminación atmosférica
  • Indicadores naturais da contaminación atmosférica.

Desenvolvemento da actividade

A través dun percorrido camiñando polo parque de Santa Margarida imos coñecer interesantes cuestións sobre a contaminación atmosférica. Alí visitaremos a Estación de Calidade do Aire. Os participantes, a través dunha ficha de traballo, realizarán unha toma de datos de diferentes parámetros ambientais para analizar posteriormente no obradoiro.

Cando:

Ver condicións xerais do programa.

Inscricións:

Dende o 16/09/2024 ata o 16/10/2024

Ver condicións xerais do programa.

Contacto:

Tel.: 981184315

Correo electrónico: educacionambiental@coruna.gal

Recursos materiais:

Ficha de toma de datos.

Programas relacionados

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión