Concello da Coruña

Concello da Coruña

Idiomas do mundo 2024

O programa ofrece a oportunidade de perfeccionar o dominio de idioma inglés e profundar no coñecemento real doutra cultura, obtendo ademais un certificado oficial do nivel alcanzado segundo o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL).

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Outras

Titularidade do centro:

Público, Concertado, Privado

A quen vai dirixido?:

Alumnado empadroado na Coruña que curse 1.º de BACH no curso 2023-24.

Anual

Obxecto:

O programa promove que o alumnado participe nunha acción intercultural aumentando a conciencia e comprensión doutras culturas e países e a educación das persoas participantes respecto á diversidade e á igualdade, ao mesmo tempo que lles permita avanzar no seu desenvolvemento persoal.

As condicións do programa recolleranse nas bases reguladoras do programa, que están en elaboración.

O programa Idiomas do Mundo oferta 30 prazas para estadías dun mes en Irlanda durante os meses de xullo ou agosto destinadas a estudantes que cursen 1º de Bacharelato durante o presente curso escolar.

REQUISITOS

Poderá ser adxudicatario da bolsa o alumnado matriculado nun centro educativo do Concello da Coruña que cumpra os seguintes requisitos:

  • Estar en posesión do documento nacional de identidade ou número de identidade de estranxeiro.
  • Residir e estar empadroado co seu pai, nai ou representante legal, no seu caso, no municipio da Coruña no momento da publicación do extracto desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP).
  • Estar matriculado e cursar 1º de Bacharelato nun centro escolar da cidade da Coruña no curso 2023-2024.
  • Contar no curso de 4º da ESO cunha cualificación media de 7 ou máis e non ter ningunha materia suspensa.
  • Contar en curso de 4º da ESO con cualificación de 7 ou máis na materia de inglés.
  • Non estar inmerso nas prohibicións recollidas na Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Este requisito, que inclúe non ter débedas co Concello da Coruña, será comprobado só no caso de resultar seleccionado, podendo dar lugar a que un solicitante inicialmente admitido pase a estar excluído por non cumprir este requisito na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

BOLSA

A participación no programa non implica a total gratuidade para o alumnado beneficiario, polo que as familias en función da súa renda per cápita achegarán as cantidades que lles correspondan segundo as contías e porcentaxes sinalados na táboa recollida nas bases do programa, establecéndose dous tipos de bolsa:

  • Bolsa total. Serán beneficiarias de bolsa total as persoas seleccionadas que obteñan unha puntuación en relación á situación económica da unidade familiar nuclear comprendida entre 5 e 10 puntos (ambos inclusive).
  • Bolsa parcial. O Concello asumirá un máximo do 70% e un mínimo do 5% do custo total das prazas do alumnado seleccionado que obteña unha puntuación en relación á situación económica da unidade familiar nuclear comprendida entre 0 e 4 puntos. As familias do alumnado beneficiario de bolsa parcial asumirán un mínimo do 5% e un máximo do 30% do prezo da praza.

Inscricións:

Desde o 23 de febreiro ata o 7 de marzo a través da ficha específica de inscrición: https://edu.coruna.gal/coruna_educa_familias/idiomas_mundo/

O prazo de inscrición será de dez días hábiles, desde o día seguinte da publicación das bases da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

IMPORTANTE: unha vez cuberta a ficha de inscrición en liña, é imprescindible entregar por rexistro toda a documentación que está establecida nas bases.

Contacto:

Servizo Municipal de Educación

T: 981 184 200 ext 10911

educacion@coruna.es

Documentos relacionados

  • IDM 2024: resolución definitiva tras renuncias (319 KB)
  • Modelo de aceptación (74 KB)
  • Modificación das bases IDM 2024 (106 KB)
  • Modelo de renuncia (75 KB)
  • Cartel Idiomas do Mundo 2024 (783 KB)
  • IDM 2024: Bases (885 KB)
  • IDM 2024: publicación das bases no BOP (124 KB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión