Concello da Coruña

Concello da Coruña

Idiomas no centro 2023-24

A actividade de lecer "Idiomas no centro", é unha proposta centrada nas linguas estranxeiras, co fin de ofrecer unha vertente máis lúdica do achegamento ás mesmas. Organízase a través de dúas propostas diferenciadas: ENGLISH LAB (inglés) e ON PARLE (francés).

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Extraescolar

A quen vai dirixido?:

Escolares de Educación Infantil, Primaria e Secundaria de centros públicos do Concello da Coruña:

  • 4º a 6º curso de Educación Infantil (só para a actividade English Lab).
  • 1º a 3º curso de Educación Primaria.
  • 4º a 6º curso de Educación Primaria.
  • 1º a 2º curso de Educación Secundaria.
  • 3º a 4º curso de Educación Secundaria.

O alumnado organízase en grupos cun mínimo de 10 participantes.

Horario:

A determinar pola ANPA de cada centro educativo: 2 sesións semanais de 1 hora.

    Obxecto:

    Obxectivos xerais:

    • Fomentar o coñecemento dun idioma estranxeiro (inglés ou francés) nun contexto lúdico que reporte unha experiencia positiva durante o proceso de aprendizaxe.
    • Adquirir competencia comunicativa nun idioma estranxeiro (inglés ou francés) sobre aspectos centrados na súa faceta oral; escoita e fala.
    • Desenvolver unha oferta complementaria, no marco do ensino público, baseado nunha lingua estranxeira, que favoreza a conciliación da vida familiar e laboral.

    Metodoloxía

    As características que definen a metodoloxía das actividades do programa son: actividade complementaria dentro do centro escolar, a contorna lúdica e a participación activa do alumnado.

    Estas serán os acenos de identidade da actividade. Por todo isto emprégase unha metodoloxía que reforce a contorna de diversión nunha actividade complementaria e que pretende enriquecer o tempo de lecer formativo dos e as participantes.

    Atenderase aos intereses do alumnado, apoiándose permanentemente nas habilidades derivadas do uso oral do idioma, con actividades enfocadas a resolver necesidades da vida cotiá.

    Tipo de propostas:

    ENGLISH LAB

    Proposta específica para lingua inglesa no programa Idiomas no Centro, centrada na adquisición de comprensión e fluidez da comunicación oral.

    OBXECTIVOS ESPECÍFICOS

    • Realizar unha inmersión na lingua inglesa, adaptándose ás características das diferentes etapas educativas e potenciando o xogo nas etapas de infantil e primaria.
    • Propiciar a interrelación dos contidos propios da lingua inglesa con disciplinas e actividades atractivas para os/as participantes que reforcen a formación integral das persoas.
    • Mellorar a capacidade de escoita comprensiva a través de recursos baseados en centros de interese, que fomenten a participación activa do alumnado.
    • Potenciar a expresión oral a través de temáticas que resulten motivantes para os/as participantes, enmarcado nun contexto de confianza e relaxación.
    • Adquirir seguridade e soltura na comunicación oral en lingua inglesa, co fin de favorecer o seu uso cotián, potenciando a conversa e os debates na etapa secundaria.
    • Afianzar a proposta educativa complementaria que as ANPA ofrecen nos centros públicos do municipio da Coruña, de forma que posibilite atender as necesidades de conciliación das familias.

    ACTIVIDADES DE FIN DE ANO DE ENGLISH LAB

    Luns 18 e martes 19 de decembro, STORYTELLING & DRAMA (contacontos interactivo dramatizado), para E.I e de 1º a 3º de E.P., por Katarsys School of English & Performing Arts (de 16:30 a 17:30h) non Centro cívico de Novo Mesoiro.

    • Luns 18: CEIP Anxo da Garda, CEIP Labaca, CEIP Sae Lence, CEIP Rosalía de Castro e CEIP San Pedro de Visma.
    • Martes 19: CEIP Manuel Murguía, CEIP Ramón da Sagra e CEIP Raquel Camacho.

    PASSWORD, para 4º a 6º de educación primaria, en cada centro.

    ON PARLE

    Proposta específica para lingua francesa no programa Idiomas no Centro, centrada no descubrimento e a primeira inmersión na mesma para o alumnado novel, e na adquisición de comprensión e soltura da comunicación oral para os xa iniciados no uso desta lingua.

    OBXECTIVOS ESPECÍFICOS

    • Realizar unha inmersión en lingua francesa, adaptándose ás características das diferentes etapas educativas e potenciando a vertente lúdica.
    • Propiciar a interrelación dos contidos propios da lingua francesa con disciplinas e actividades atractivas para os/as participantes.
    • Afrontar a primeira aproximación á lingua francesa tanto para o alumnado nas súas primeiras etapas de formación, como para aquel que non tivese contacto coa lingua francesa.
    • Afianzar e enriquecer o coñecemento que sobre o idioma francés posúa o alumnado que xa realizase a primeira inmersión nesta lingua.
    • Potenciar a expresión oral do alumnado que xa teña feita a primeira inmersión nesta lingua, a través de temáticas que sexan motivantes para os/as escolares nun contexto divertido e relaxado.

    Cando:

    Datas por determinar.

    Inscricións:

    Dende o 11/09/2023 ata o 17/09/2023

    Ficha de solicitude xeral (a cubrir polo centro)

    Inscrición a través de http://fedapascoruna.org/inscripciones/.

    Contacto:

    Federación de ANPA de centros públicos

    Rúa Orzán, 21. 15003 A Coruña

    Tel. 981 202 002 / 981 201 877

    Servizo Municipal de Educacion

    educacion@coruna.gal

    Tel.: 981 184 200 ext. 10259

    Avaliación

    Será un proceso de avaliación continua. Empregaremos ordinariamente ferramentas de avaliación oral por medio de conversas, debates, exposicións, postas en común... para valorar o nivel individual do alumnado.

    De forma extraordinaria, dúas ou tres veces durante o curso, levarán a cabo postas en común grupais ou creacións en soporte audiovisual que sirvan de mostra, e ao mesmo tempo de avaliación, do nivel de progreso do alumnado participante.

    Documentos relacionados

    • Dossier Programas A Coruña Tardes 2023-24 (2 MB)

    Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

    Que che parece esta sección?

    -101-101-101

    Síguenos en

    Tes un navegador demasiado antigo!

    Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

    Iniciar sesión