As Xornadas de Orientación Artística e Profesional (XOAP 2025) están organizadas polo Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña e teñen como obxectivo informar sobre os estudos Superiores de Deseño e os ciclos de Formación Profesional e ensinos Artísticos (ordinaria e básica) que se imparten nos centros públicos da cidade da Coruña.
De calquera concello
Educación
Outras
Privado, Público, Concertado
Alumnado que estea a cursar ESO, bacharelato e F.P. que desexen coñecer os ciclos formativos artísticos e de FP, así como os estudos Superiores de Deseño que se imparten na cidade da Coruña.
A charla sobre FP BÁSICA, ademais de estar dirixida ao alumnado de ESO, tamén está aberta ás ANPA e ao público interesado.
De tarde, en función dos estudos e centros
Anual
Gratuíto
As xornadas organízanse en:
• VISITAS GUIADAS ás instalacións de cada un dos ciclos de FP e dos ensinos artísticos, complementadas con charlas informativas.
• Unha PRESENTACIÓN DOS ESTUDOS SUPERIORES DE DESEÑO que se poden cursar en Galicia; e visita á EASD Pablo Picasso.
• E unha CHARLA SOBRE A FP BÁSICA, dos ciclos que se imparten en 4 centros públicos de FP da cidade: CIFP Paseo das Pontes, CIFP Someso, IES Fernando Wirtz, IES Rosalía Mera e IES Urbano Lugrís.
Ademais, o alumnado asistente e o profesorado dos Departamentos de Orientación recibirán a guía TI ELIXES 2025, con información actualizada de estudos, bolsas e axudas de Educación Secundaria, Formación Profesional, estudos Superiores e Universitarios, así como recursos de procura de emprego xuvenil.
Acceso ás Xornadas
O alumnado inscrito ten que presentar a CREDENCIAL correspondente para poder acceder ás visitas e charlas, que lle foi enviada ao seu correo electrónico no momento da inscrición.
No caso de non dispoñer de credencial e que haxa prazas libres, poderase asistir ás visitas e charlas unha vez que accedan as persoas con credencial.
Persoal da organización fará o control de entrada e poderá solicitar que a persoa asistente acredite a súa identidade cun documento oficial.
Dende o 10/01/2025 ata o 24/02/2025
No primeiro trimestre do curso 2024/2025:
Dende o 20/01/2025 ata o 07/02/2025
Inscrición do alumnado:
A solicitude en liña faina directamente a persoa interesada en acudir ás Xornadas a través desta ficha de inscrición, indicando o centro educativo no que está matriculada, as visitas e charlas ás que quere acudir (identificadas por un código numérico), así como os seus datos persoais.
MOI IMPORTANTE: verificar que os ciclos e charlas solicitadas non coincidan en horario.
Unha vez feita a solicitude a aplicación elabora un pdf confirmando a inscrición, onde se incorpora a CREDENCIAL de acceso ás Xornadas.
Este pdf, de confirmación e credenciais, envíase ao correo electrónico indicado no formulario.
Para resolver dúbidas e problemas sobre o proceso de inscrición en liña poden escribir a gestionim@edu.coruna.es .
Servizo de Municipal de Educación
Teléfono 981 184 200 - ext. 10259
Horario: de luns a venres, de 09.00 a 14.00 h
Rede de Información Xuvenil
Telegram //Whatsapp: 606 362 366.
SERVIZO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Colaboran:
A REDE MUNICIPAL DE INFORMACIÓN XUVENIL
OS CENTROS PÚBLICOS DE FP DA CIDADE DA CORUÑA:
AS ESCOLAS DE ARTES E SUPERIORES DE DESEÑO Pablo Picasso (A Coruña) e Mestre Mateo (Santiago de Compostela)
Eventos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible