Charlas de primeiros auxilios orientadas ao alumnado dos centros educativos e aos seus docentes.
Só da Coruña
Educación
Complementaria
Alumnado da partir de 5º de EP, ESO, Bacharelato, FP e profesorado.
Existe a posibilidade de adaptación a CEE, con asistencia previa ao centro, se é necesario.
A determinar polo centro.
Gratuíto.
Charlas de primeiros auxilios distribuídas en dúas sesións de 50 minutos, preferiblemente seguidas, orientadas aos escolares e profesores dos centros educativos da cidade.
Impárteo a Sección de Protección Civil do Servizo Municipal de Protección Civil e Bombeiros, consiste na aprendizaxe de primeiros auxilios con técnicas de RCP e manobra de Heimlich (desobstrucción de vía aérea), ademais de información sobre prevención e seguridade nos centros educativos da cidade.
Os talleres son para un total de 25 alumnos ou alumnas. En caso de existir máis grupos no centro organizaríanse outras charlas para os mesmos, pero debido á peculiaridade da actividade, non se excederían as 25 persoas por grupo.
Datas da actividade: pendentes de determinar.
Dende o 15/09/2023 ata o 15/10/2023
Inscrición centros
Protección Civil
Rúa Francisco Pérez Carballo, 2 Edif. Coliseum 15008 A Coruña
Federico de la Fuente Ortiz
Tel. 669 233 298
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible