Son un conxunto de intervencións sistemáticas dirixidas a facilitar o tránsito desde a escola á vida laboral activa, desenvolvidas co obxecto de posibilitar que os estudantes de FP dos Institutos de Ensino Secundario do municipio, dispoñan da información e o asesoramento necesario para acurtar os tempos entre a finalización dos estudos e a incorporación ao emprego.
Só da Coruña
Empleo
Complementaria
Público
Alumnado de FP e EE de centros públicos do concello.
O servizo ofrecido é unificado, global e accesible, pensado e deseñado especialmente para a poboación obxectivo e ofrece a esta poboación información que permita superar o desfasamento, e por tanto corrixa o descoñecemento existente en como optimizar a incorporación á vida laboral.
Condicións do programa
Solicitará o horario o centro de ensino. Aprobarase polo Servizo Municipal de Emprego segundo as necesidades horarias do mesmo.
A duración de cada seminario será de 2 horas.
O número de alumnos será dun mínimo de 15 e un máximo de 25. O centro procurará que os grupos sexan o máis homoxéneos posibles e se organicen preferentemente por especialidades. O centro educativo encargarase de:
Dende o 01/11/2023 ata o 30/06/2024
Xa rematou
Dende o 15/09/2023 ata o 15/10/2023
Inscrición centros
Do 15 de setembro ao 15 de outubro
Ficha de solicitude específica "Seminario de motivación para a busca de emprego"
Do 15 de setembro ao 15 de outubro
Servizo Municipal de Emprego
Sede: Estrada dos Fortes 16 / Simón Bolívar, 16. Os Rosales (15011)
Ana Colino
Tel. 981 184 399
Fax: 981 184 398
a.colino@coruna.gal; emprego@coruna.es
Actividades relacionadas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible