Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

A EIM Monte Alto celebra a súa "Festa do Entroido" con disfraces, música e xogos

Cando:

25 de febreiro de 2025

A escola celebra o Entroido coas familias nunha actividade na que haberá música e xogos e que finalizará cunha merenda compartida.

A Escola Infantil Municipal de Monte Alto organiza unha "Festa" do Entroido para nenos, nenas e familias, o mércores 26 de febreiro, ás 17.00 horas.

A actividade levarase a cabo no patio exterior da escola, coa apertura ás 16:50 horas. Ás 17:00 horas o equipo da escola presentará o Entroido 2025. Seguidamente, iranse presentando os diferentes personaxes da escola (Dona Clara e Gotiña, Ventolín e Calmote, Topolín e Mariluz...) mentres se realizan diferentes xogos.

Para finalizar, farase unha merenda compartida, cos alimentos (sobremesas, froita...) que traian as familias.

Entroido compartido o vindeiro venres

O vindeiro venres día 28, pola mañá, a escola recibirá a visita dos nenos e nenas da EIM Luís Seoane e do CEIP Torre de Hércules, para gozar dunha mañá de Entroido con moita música e baile. Os nenos e nenas poderán ir disfrazados do que máis lles guste. En todo caso, na escola haberá disfraces e moitos complementos.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible