10 de decembro de 2024
Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña
Alumnado, profesorado e familias da escola infantil elaboraron os adornos con materiais respectuosos coa natureza
A árbore de Nadal que cada ano instala o Aquarium Finisterrae conta nesta ocasión con adornos confeccionados polo alumnado, profesorado e familias da Escola Infantil Municipal Monte Alto. Os adornos, creados con materiais sinxelos e respectuosos coa natureza, representan motivos mariños e reflicten a visión do océano dos nenos e nenas desta escola, visitantes habituais do Aquarium.
As colaboracións dos escolares son habituais desde os inicios do Aquarium Finisterrae, comezando xa cos contidos da sala Maremagnum, que responden as preguntas realizadas desde os centros educativos por nenos e nenas de colexios galegos nunha campaña lanzada cando se estaba creando o centro.
Tamén se contou coa colaboración do público familiar para a elaboración de pequenas esculturas utilizando residuos e lixo plástica recuperada das praias galegas. Estas creacións forman parte da grilanda que recibe a exposición temporal sobre a reprodución dos seres mariños da sala Humboldt.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible