Concello da Coruña

Concello da Coruña

A mellora dos parques, máis natureza e as boas relacións entre alumnado e profesorado foron as tres propostas do Consello Local da Infancia

Cando:

16 de setembro de 2024

Inés Rey: “As tres propostas que escollestes son moi necesarias e reflicten a vosa visión que dende hoxe mesmo facemos nosa”

A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde o pleno do Consello Local da Infancia da Coruña, no que participaron 22 rapaces e rapazas de primaria de 13 centros educativos da cidade. Os conselleiros e conselleiras participantes do pleno presentaron á alcaldesa e ao concelleiro de Concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego, as tres propostas escollidas entre as máis de 200 ideas xordidas dos encontros.

Mellorar o deseño dos parques e espazos ao aire libre, conseguir unha cidade con máis natureza e mellorar as relacións entre o alumnado e o profesorado foron as tres medidas achegadas polo CLIAC ao Goberno Local no Pleno Infantil. Para elo realizaron un total de 21 encontros e actividadesentre os que destaca a asistencia a Encontro Galego de Consellos da Infancia no Carballiño, a visita ao Parlamento de Galicia e unha xornada de convivencia coas familias.

A alcaldesa, Inés Rey, comprometeuse a traballar nas necesidades expresadas polos pequenos: "As tres propostas que escollestes son moi necesarias e reflicten a vosa visión que dende hoxe mesmo facemos nosa". Así mesmo, Rey trasladoulles o seu agradecemento por participar na iniciativa e por comprometerse coa cidade: "Como alcaldesa é un absoluto orgullo ver que nenos e nenas como vós estades comprometidos con esta cidade e que vos volcades por cambiar as cousas mellor. Esa vontade propositiva con ideas e proxectos é o que se precisa para estar en política" sinalou a rexedora.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión