Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Aberta a exposición 'Recuérdame', un proxecto que une xeracións a través da emoción e a memoria

Cuándo:

17 de diciembre de 2024

A mostra, xa habilitada na Fundación Luis Seoane, recolle o traballo conxunto realizado pola EIM Luis Seoane e a Residencia Torrente Ballester

A concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade, Nereida Canosa, inaugurou esta tarde a exposición 'Recuérdame' xunto con Felicidad López, directora da EIM Luís Seoane. Estará aberta ao público na Fundación Luis Seoane desde o 18 de decembro ata o 13 de xaneiro. A mostra recolle o resultado dun ano de encontros entre a Escola Infantil Municipal Luis Seoane e a Residencia para Maiores Torrente Ballester no marco do programa homónimo entre ambos centros.

A iniciativa naceu no curso 2022-2023 como un proxecto interxeracional para por en valor a unión entre xeracións a través das emocións, a memoria e a convivencia con actividades mensuais conxuntas como obradoiros de plástica, música, lectura, psicomotricidade e excursións. O obxectivo é estimular a aprendizaxe e a creatividade ademais de fortalecer a relación entre xeracións. Nese sentido, a concelleira puxo en valor os encontros e subliñou a profundidade dos lazos que se crean: "O impacto non está só nas actividades que realizan, senón nos vínculos emocionais que se crean entre eles".

Ademais, Canosa destacou o contexto no que se presenta esta iniciativa, poñendo o foco na necesidade de combater a soidadenon desexada: "O ritmo veloz, case ansioso no que estamos instalados non nos permite deixar tempo á reflexión e ao compartir. Así, hoxe moitos dos nosos maiores atópanse sós sen desexalo e os nosos pequenos, tamén". Nese sentido, a edil insistiu na importancia de coidar a memoria colectiva e de recoñecer "o papel fundamental dos maiores como gardiáns das historias que definen á cidade e como tal, da nosa identidade". 

Na exposición participaron un total de 13 nenas e nenos de 3 anos, acompañados das súas familias; e 11 residentes da Residencia Torrente Ballester, acompañados pola traballadora social. Tamén estivo o concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego.

Ademais, sumouse ao proxecto o persoal da Escola Infantil Municipal Luis Seoane, composto por 4 profesionais educativos e 3 membros do equipo directivo ademais de Antía García, fotógrafa do proxecto e María del Carmen Amarelo, responsable de Montaxe.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión