Concello da Coruña

Concello da Coruña

As escolas infantís celebran o Día das Letras Galegas

Cando:

16 de maio de 2024

As escolas infantís Monte Alto e Luís Seoane organizaron unha actividade musical en conmemoración deste día

Luísa Villalta, escritora e violinista, é presentada como unha nena/muller que goza da rúa, da xente, do vento e moi especialmente do Faro. O seu "violino" estivo presente a través da música de Luca e dun violín que Chus lle presta á escola para esta celebración.

Ambas as escolas celebraron unha festa moi especial entre nenos e nenas e educadoras. As celebracións son motivo sempre de baile, xogo, e de relacións.

Unha homenaxe particular

A través deste vídeo o alumnado das escolas infantís de Monte Alto e Luís Seoane homenaxean a Luisa Villalta. O texto da canción é unha recompilación de versos dalgúns dos seus poemas, realizada pola escola e por Félix Arias. Estes poemas seleccionados cántanlle á cidade da Coruña, convidan a xogar co vento, a aproximarse ao Faro, a xogar cos espellos...

  • Homenaxe a Luísa Villalta

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión