5 de xullo de 2022
O Servizo Municipal de Educación, en colaboración co Servizo de Cultura, organizou este programa para o curso escolar 2021-2022
O programa permitiu proporcionarlles apoio aos centros participantes mediante un asesoramento por especialista na materia, e ofreceu premios incentivadores que primaron as mellores iniciativas tanto do alumnado participante como do centro educativo.
Neste vídeo resumo pódese ver como se desenvolveu o programa.
Programa ao que pertence
O Servizo de Educación, en colaboración co Servizo de Cultura, organiza a I edición do programa IMAXINA, para o curso escolar 2021-2022.
O programa Imaxina nace como unha iniciativa municipal de carácter innovador que pretende difundir a cultura científica e tecnolóxica entre os alumnos e alumnas de secundaria.
A organización proporá un tema que servirá de marco para que o alumnado participante desenvolva un proxecto orixinal empregando ferramentas científicas, tecnolóxicas e matemáticas (STEM) que teña como finalidade contribuír á resolución dun problema real da sociedade. O proxecto finalizará coa presentación pública dos experimentos ou materiais creados que cheguen á fase finalista.
Máis informaciónSentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible