Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Os centros IES Fernando Wirtz, IES Sardiñeira, IES Agra do Orzán e IES Ramón Menéndez Pidal presentaron os ciclos de FP que imparten nas súas instalacións.
Quenda para o IES Fernando Wirtz, o IES Sardiñeira, o IES Agra do Orzán e o IES Ramón Menéndez Pidal no segundo día das Xornadas de Orientación Artística e Profesional (XOAP 2025) organizadas polo Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña.
O martes 18, estes catro centros da cidade presentaron, ante un total de 55 persoas, os diferentes ciclos medios e superiores de Formación Profesional que imparten. Ademais, tamén mostraron as súas instalacións ás persoas interesadas.
As Xornadas de Orientación Artística e Profesional (XOAP 2025) están organizadas polo Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña e teñen como obxectivo informar sobre os estudos Superiores de Deseño e os ciclos de Formación Profesional e Ensinanzas Artísticas (ordinaria e básica) que se imparten nos centros públicos da cidade da Coruña.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible