25 de xaneiro de 2024
Tamén se publica a listaxe de agarda así como as solicitudes desestimadas e excluídas con a expresión da súa causa
Consulta a listaxe Bolsas USA 2024-25: listas provisionais . Ábrese un periodo de dez días para a presentación de reclamacións.
Lembramos que a través deste programa, 40 estudantes da cidade poderán cursar un ano escolar en Estados Unidos, en réxime de convivencia con familias, para perfeccionar o seu nivel de inglés e vivir unha experiencia de inmersión noutra cultura.
De agosto de 2024 a xuño de 2025
A estadía en Estados Unidos comeza en agosto de 2024 e finaliza en xuño de 2025, incluídas as vacacións escolares de Nadal e Semana Santa. As datas de saída e regreso varían en función do estado ou territorio de destino.
O programa inclúe estadía nos EEUU durante o período correspondente a un ano académico neste país vivindo cunha familia residente, escolarización nun centro educativo dos EEUU (High School), organización de xornadas informativas para o alumnado participante no programa, tramitación e obtención do visado de entrada en EEUU, viaxe e desprazamentos de ida e volta desde A Coruña ata a poboación de destino nos EEUU para cada participante, seguimento e control da vida dos menores na familia de acollida, do seu comportamento e rendemento académico, así como da súa vida social; validación dos estudos realizados polo alumnado nos EEUU ante a Administración Educativa e asistencia sanitaria e seguro de responsabilidade civil.
Programa ao que pertence
O Concello da Coruña, por medio da Concellaría da Área de Benestar Social da que depende o Servizo de Educación, convoca o programa "A Coruña no mundo: Bolsas EEUU 2024-2025 - 1.º de bacharelato en EEUU", no que se lle ofrece a oportunidade ao alumnado de 4.º de ESO, residente na cidade da Coruña, de cursar o grao 11 en EE UU -equivalente a 1.º de bacharelato- así como de adquirir un dominio avanzado da lingua inglesa e un coñecemento real doutra cultura.
Máis informaciónDocumentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible