20 de decembro de 2024
Unha celebración para as familias da escola, na que a luz tivo un gran protagonismo.
A Escola Infantil Municipal Monte Alto celebrou o pasado mércores 18 a súa festa de Nadal de 2024, unha celebración para as familias da escola na que se cantaron panxoliñas, contáronse contos e na que a luz tivo un gran protagonismo en todo momento: desde o inicio, cun gran corazón de recibimento formado por candeas, ata o final, cunha merenda iluminada polas luces dos faroliños realizados polos nenos e nenas da escola.
Unha tarde compartida coas familias da escola, na que participou todo o equipo en colaboración con membros do proxecto cultural Bululú.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible