Concello da Coruña

Concello da Coruña

Este xoves 7 de marzo arranca o programa Itinerarios 2023/2024

Cando:

5 de marzo de 2024

O programa finalizará no mes de xuño e contará coa participación de máis de 1600 escolares

Este xoves 7 de marzo comezan os itinerarios escolares da edición 2023/2024 coa participación do CEIP Torres de Hércules na ruta "O Picasso mozo".

Está previsto que participen neste programa ao redor de 1600 alumnos e alumnas de centros escolares da Coruña, que coñecerán algo máis da historia da cidade herculina.

Sesións de 90 minutos

Este programa está destinado ao alumnado de 3º a 6º de Educación Primaria, de Educación Secundaria e de Bacharelato dos centros educativos da cidade. Os percorridos terán unha duración media de 90 minutos e organizaranse baseándose nunha serie de temáticas previamente seleccionadas por cada centro: a historia da cidade e dos seus personaxes históricos, a arquitectura moderna, personaxes famosos da cidade en diferentess épocas etc.

Programa ao que pertence

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión