19 de marzo de 2024
A alcaldesa recibiu as persoas participantes neste programa interxeracional
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, recibiu as persoas participantes no programa interxeracional 'Recórdame', posto en marcha pola Escola Infantil Municipal Luís Seoane e a residencia de maiores Torrente Ballester. A rexedora estivo acompañada pola concelleira da Área de Benestar Social, Yoya Neira, e o concelleiro de Educación, Juan Ignacio Borrego.
O proxecto 'Recórdame' vai dirixido a nenos e nenas do primeiro ciclo de Educación Infantil do centro, así como ás persoas usuarias do centro residencial para a terceira idade. O seu obxectivo é crear vínculos e fomentar as relacións afectivas entre ambas as xeracións mediante encontros mensuais, nos que se abordan diferentes temáticas nas que traballan e afondan tanto os pequenos coma os maiores.
"Desde o Concello estamos moi satisfeitos con esta iniciativa e os resultados que está a dar en ambas as institucións", sinalou Inés Rey. A rexedora destacou a "dedicación do equipo docente que compón a nosa rede de escolas infantís municipais e a colaboración entre entidades", e espera que este programa chegue proximamente a outros centros.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible