Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Inés Rey: “O Mundial 2030 representa ben a idea de ambición que forma parte da nosa esencia colectiva”

Cuándo:

19 de diciembre de 2024

A alcaldesa presidiu a tradicional recepción institucional de Nadal, na que participaron máis de 400 persoas representantes do tecido social, cultural, deportivo e económico da cidade

A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta mañá a tradicional recepción cidadá de Nadal no Palacio de María Pita que reuniu a máis de 400 persoas, representantes institucionais, sociais e económicos da cidade. Rey destacou o carácter ambicioso e pioneiro da Coruña nun acto que comezou coa ambientación musical a cargo da Escola Municipal de Música no vestíbulo e continuou coa actuación do coro 'El Acorde Secreto', que interpretou as pezas Santa Claus is Coming to Town, Happy Christmas, Dancing Queen e Mr. Blue Sky.

A alcaldesa fixo un balance polo miudo do ano 2024, resaltando a designación da Coruña como sede do Mundial de Fútbol 2030 como un dos grandes logros acadado no ano. "A Coruña é a cidade máis pequena que se vai converter en sede bimundialista. Quizáis sexa iso o que nos define: cidade pequena no formal, cidade moi grande na vocación", dixo. Rey destacou que o evento suporá unha "enorme activación da Coruña a moitos niveis e con permanencia no tempo". Ademais, situou a súa consecución como un dos fitos que marcan a consolidación da segunda gran modernización da Coruña e un logro que reafirma o papel internacional da cidade. "O Mundial 2030 representa ben a idea de ambición que forma parte da nosa esencia colectiva", engadiu.

A alcaldesa tamén celebrou o crecemento demográfico da cidade, que acadou os 249.261 habitantes segundo o INE, uno dos maiores rexistros de poboación na historia da urbe: "Na Coruña agora mesmo somos máis persoas que nunca. Temos que felicitarnos por este avance, que nos ratifica como motor de Galicia", indicou. Ademais, salientou os avances no emprego, recordando que "hoxe temos unha das menores cifras de paro desde que hai rexistros, o que nos confirma que estamos no bo camiño".

Rey celebrou o talento local, especialmente no eido da cultura, destacando o recoñecemento a Manuel Rivas e Bea Lema como Premios Nacionais: "Recoñécese o talento emerxido dos nosos barrios, que é a principal fonte da nosa identidade e da nosa cultura", dixo.

Tamén fixo fincapé na importancia da loita pola igualdade, facendo referencia a mulleres pioneiras e lembrando que no que vai de ano foron asasinadas 46 mulleres. Así, chamou a actuar de xeito global contra a violencia machista: "É unha urxencia democrática", indicou.

Ademais, recordou a solidariedade da cidadanía coruñesa coas vítimas da traxedia da DINA, así como o traballo das persoas voluntarias dos Bombeiros da Coruña e Protección Civil. Nese sentido, reivindicou a importancia de reforzar o papel das administracións locais como primeiras en dar resposta aos problemas da poboación: "Non hai lección positiva posible que sacar dunha catástrofe de tamaña dimensión pero si podemos propoñer reflexións, como o agradecemento ás persoas e institucións que deron o mellor de si mesmas para recuperar as zonas afectadas", dixo Inés Rey.

A alcaldesa rematou o discurso reivindicando a posición de A Coruña como motor de Galicia e exemplo de modernidade: "Imos conservar e facer medrar o que nos define: o orgullo e a ambición. Solos unha cidade pequena no formal, pero grande na mentalidade e os feitos". 

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión