25 de xaneiro de 2024
O concelleiro de Educación visitou os talleres e a exposición promovida polo Concello e Igaciencia
Juan Ignacio Borrego, concelleiro de Educación, visitou esta mañá unha das sesións da mostra 'Converxencias, arte e ciencia', que acolle o Centro Sociocultural Ágora ata este venres 26 de xaneiro. A exposición, formada por diferentes paneis e obradoiros que buscan amosar as sinerxías e vínculos entre a arte e a ciencia, propiciar a comprensión do método científico, a resolución de problemas, o espírito crítico e o interese social pola ciencia e a innovación como base de progreso.
"O Goberno de Inés Rey busca que a mocidade explore esta interacción da arte e a ciencia a través de grandes autores, como nos achega esta exposición", sinalou o concelleiro ante un grupo de alumnos de diferentes centros. A exposición está dirixida ao alumnado de ESO, BACH e FP da Coruña e de toda Galicia.
O obxectivo fundamental dos talleres e a exposición é ilustrar e afondar no diálogo entre a ciencia, a arte e a tecnoloxía, primando en todo momento a compoñente didáctica e divulgativa para achegarse ao público xeral e, especialmente, á mocidade. Trátase dunha proposta que propicia o tratamento STEAM nas aulas (ciencia, tecnoloxía, enxeñería, arte e matemáticas). Unha maneira de traballar a ciencia e a arte en proxectos conxuntos, que impliquen ámbolos dous polos.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible