Concello da Coruña

Concello da Coruña

#LunsDeEncontros: Presentación do libro "Mi maestro lado izquierdo" de Robert Pier

Cando:

09/12/2024

Inscricións:

Acceso libre ata completar capacidade

Horario:

De 19.00 h. a 20.00 h.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.gal

Tel.: 981 184 298

#LunsDeEncontros nace co obxectivo de ofrecer un espazo cultural aberto á cidadanía, cedendo un lugar para o desenvolvemento de actividades de promoción lectora, formación e aprendizaxe.

O luns 9 de decembro ás 19.00 h. na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano teremos a presentación do libro "Mi maestro lado izquierdo" de Robert Pier, publicado pola editorial Círculo Rojo.

SINOPSE:

A pulsión de escribir esta historia xurdiu coa intención de lanzar luz e proporcionar ferramentas a todo aquel que, de verdade, desexe sandar e experimentar unha vida máis plena, íntegra e abundante.

Escrito co propósito de achegar valor e coñecemento, trátase dun libro que nos lembra a importancia de honrar a nosa singularidade e de realzar a grandeza do ser humano.

A obra describe de maneira consecutiva e honesta o percorrido da vida do autor, Robert Pier, desvelando paso a paso como se curou e sandou dunha hemiparesia, así como de numerosas patoloxías que formaban parte da súa día a día, a medida que foi permitindo que o amor se filtrase na súa forma de ver a vida.

Recolle, á súa vez, material biográfico e instrutivo para músicos, terapeutas e persoas con diversidade funcional que queiran comezar a tocar a guitarra ou que desexen aprender a implementar o método pedagóxico de musicoterapia, froito dun longo traxecto de investigación e de ensaio/erro do autor.

BREVE BIOGRAFÍA:

Robert Pier (A Coruña, 1984). Está felizmente comprometido con expresar o seu ser interno e democratizar a espiritualidade, a curación e sandar. Actualmente está a presentar o seu 4º disco, Todo Sanará, pola península ibérica.

É guitarrista de diversos proxectos musicais e artistas coruñeses, conferenciante, compositor, escritor e técnico sociosanitario. Cofundador, terapeuta e creador da pedagoxía de MIP: Músicas inclusivas e Participativas, desde o ano 2016, proxecto co cal publicou no ano 2019 -xunto coa Banda Municipal da Coruña, cen usuarios con diversidade funcional de oito entidades e tres grupos corais- o disco Diversos Funcionais (o disco máis inclusivo da historia), un álbum presentado no Palacio de Ópera da súa cidade natal ese mesmo ano.

O seu propósito de vida é facer posible que o maior número de seres humanos esperte e conecte co gozo da vida a través da música e a arte, lembrando, á súa vez, os valores fundamentais para vivir unha vida máis digna e honradamente consciente.

É embaixador da Fundación MPS: Músicos Pola Saúde en Galicia e exerce como profesor de guitarra e musicoterapeuta en varios centros de día e residencias de maiores da Coruña, onde imparte o seu taller de reminiscencia e psicomotricidade a través da música.

Obtivo o premio de boas prácticas cidadás no ano 2020 polo seu activismo cultural e social, e é o creador da pedagoxía e musicoterapia Mantras das emocións e Mantras dos catro acordos, onde integra de maneira accesible a espiritualidade.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión