Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Luz verde ás bases reguladoras do proceso de admisión na Rede de Escolas Infantís Municipais de cara ao curso 2024-25

Cuándo:

20 de marzo de 2024

O Goberno de Inés Rey sufragará novamente o custo íntegro das horas de atención educativa, unha medida posta en marcha no pasado mandato e coa que o Concello foi pioneiro en Galicia

A alcaldesa, Inés Rey, informou hoxe de que a Xunta de Goberno Local deu luz verde ás bases reguladoras do proceso de admisión na Rede de Escolas Infantís Municipais de cara ao vindeiro curso, o 2024-25.

Como xa é habitual, as e os menores escolarizados na REIM terán dereito a renovar a praza na súa escola. Por outra banda, poderá solicitarse reserva de praza noutra escola da Rede cando existan prazas baleiras nesta, sempre que se cumpra o requisito anterior e se teña unha ou un irmán escolarizado na escola solicitada. "Desta forma, facilitamos o reagrupamento de irmáns na mesma unidade escolar", apuntou a rexedora.

Xa no referente aos novos ingresos, entre as solicitudes de prazas terán preferencia as nenas e nenos que xa conten cunha irmá ou irmán escolarizado na REIM, e tamén se atenderán casos de urxencia social. É dicir: menores tutelados ou en situación de garda por parte da Xunta, fillos e fillas de mulleres que estean en centros de acollida ou sexan vítimas de violencia de xénero, e menores que se atopen nun contexto sociofamiliar de risco social e requiran dunha intervención inmediata.

Valoración dos factores sociofamiliares, sociolaborais e económicos

Os criterios de baremación atenderán a factores sociofamiliares (puntuando máis os casos de irmáns solicitando praza simultaneamente, e tamén os menores solicitantes cunha discapacidade igual ou superior ao 33% ou recoñecido un grao de valoración de su situación de dependencia); tamén a factores sociolaborais, atendendo ao grao de impedimento á hora de atender as e os pequenos polas ocupacións laborais dos proxenitores; e tamén a factores económicos, tomando como referencia a renda familiar. "Ademais, tamén puntúa máis a condición de familia monoparental traballando ou con impedimento acreditado para a atención da nena ou neno", agregou a alcaldesa.

Cómpre lembrar que o Concello sufragará novamente o custo íntegro das oito horas de atención educativa. Desta forma, o Goberno municipal daralle continuidade á gratuidade das escolas infantís, unha iniciativa posta en marcha no pasado mandato e coa que o Concello da Coruña foi pioneiro en Galicia.

No caso dos servizos complementarios (almorzo, comedor, merenda, horario ampliado), as persoas usuarias deberán aboar as tarifas fixadas pola Xunta de Goberno Local. 

O prazo para presentar as solicitudes abrirase a partir do día seguinte á publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia (BOP). Toda a información estará dispoñible, a partir de entón, nas canles oficiais do Concello e a través do 010.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión