Concello da Coruña

Concello da Coruña

Máis de trinta rapazas e rapaces coruñeses, recoñecidos hoxe polo seu traballo a prol da seguridade viaria no concurso escolar ‘Ahora vamos andando al cole’

Cando:

11 de decembro de 2024

A alcaldesa, Inés Rey, participou hoxe na entrega de premios ás e aos 16 gañadores do certame, organizado pola asociación STOP Accidentes coa colaboración do Concello

O Palacio Municipal de María Pita acolleu hoxe a entrega de premios da nova edición do programa 'Ahora vamos andando al cole', unha iniciativa educativa en materia de seguridade viaria que organiza cada ano a asociación STOP Accidentes co apoio do Concello e que nesta ocasión contou coa participación dunha ducia de centros escolares da cidade da Coruña.

A alcaldesa, Inés Rey, puxo en valor o traballo e implicación de STOP Accidentes "coa construción dunha cidade máis segura e respectuosa" e destacou a importancia do programa, "que logra unir a comunidade educativa, familias e institucións para loitar por un obxectivo común: garantir a seguridade das crianzas no día a día".

Un cento de persoas asistiron á entrega de galardóns. Entre elas, as 34 rapazas e rapaces finalistas do certame, aos que acompañaron os seus familiares e achegados. No acto expuxéronse os traballos das e dos 16 gañadores do concurso, que amosaron a súa creatividade, imaxinación e compromiso coa seguridade viaria e transformación e mellora da mobilidade na cidade a través de cartas ou debuxos.

No acto, que tivo lugar esta tarde no Salón de Sesións do Palacio Municipal, tamén participaron a concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz; o concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego; a concelleira de Seguridade Cidadá e Interior, Montserrat Paz; a delegada de STOP Accidentes en Galicia, Jeanne Picard; a xefa provincial de Tráfico na Coruña, Victoria Gómez Dobarro; o comisionado para a Mobilidade do Concello, Antonio Alfeirán; o intendente da Policía Local e xefe da unidade de Tráfico da Coruña, José Manuel Rico e a coordinadora técnica de STOP Accidentes, Ángela Jiménez.

A listaxe de gañadoras e gañadores

  1. CEIP Plurilingüe de Prácticas: Antía Blanco Pérez (11 anos), polo seu debuxo "Pequenos cambios poden cambiar o mundo".
  2. CEIP Plurilingüe Concepción Arenal: Sheila Lago González (11 anos), polo seu debuxo "Cruzando seguros".
  3. CEIP Sal Lence: Rosa Gómez Martínez (11 anos), pola súa carta.
  4. CEIP Plurilingüe Alborada: Nicolás Ares Fuentes (8 anos), polo seu debuxo "Barreras rojas".
  5. CEIP Plurilingüe Concepción Arenal: Nieves López Pichel (11 anos), pola súa carta.
  6. CEIP Juan Fernández Latorre: Lucas Miranda Muíño (8 anos), polo seu debuxo "Un día en la ciudad".
  7. CEIP Plurilingüe Manuel Murguía: Candela Simón López (11 anos), pola súa carta.
  8. Colexio Santo Domingo - FESD: Olivia Arranz Becerra (10 anos), polo seu debuxo "Respeto".
  9. CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma: Helena París Caamaño (10 anos), pola súa carta.
  10. Colexio Fogar de Santa Margarida: Dylan de Armas Galbán (8 anos), polo seu debuxo "Las señales del mundo".
  11. Colexio Fogar de Santa Margarida: Carmen Piñeiro Vázquez (10 anos), pola súa carta.
  12. CEIP Sagrada Familia: Lauren Mariana Cruz Murillo (10 anos), polo seu debuxo "Camino al cole".
  13. CEIP Plurilingüe María Barbeito e Cerviño: Pedro Sánchez Estraviz (10 anos), pola súa carta.
  14. CEIP Plurilingüe José Cornide Saavedra: Valeria Barrientos Lago (9 anos), polo seu debuxo "A alcaldesa, ensinando a avenida da Sardiñeira".
  15. CEIP Plurilingüe José Cornide Saavedra: Xosé Queixas Santos (11 anos), polo seu debuxo "Que no te cuenten cuentos".
  16. CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma: Emma Espido Guerra (10 anos), polo seu debuxo.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión