Concello da Coruña

Concello da Coruña

Mercado solidario de roupa e xoguetes organizado pola ANPA Titongo

Cando:

04/12/2024

Xa rematou

Horario:

Das 17.00 ás 20.00 horas

Enderezo:

Rúa Curros Enríquez 11. 15002

As doazóns de roupa e xoguetes poderanse facer ata o día 29 de novembro na EIM Monte Alto.

A ANPA Titongo, da Escola Infantil Municipal Monte Alto, organiza un mercado de roupa e xoguetes de segunda man no que lles dar saída ás pezas que xa non lles serven aos pequenos e ás pequenas, así como a xoguetes que xa non se usen e que poden ser de utilidade para outras familias.

A recollida de doazóns realizarase ata o venres 29 de novembro na EIM Monte Alto. As familias só teñen que traelas á escola e entregalas en bolsas (preferiblemente polas mañás, no momento da entrada).

Tras a clasificación de todas as pezas e xoguetes recolleitos, o mércores 4 de decembro, entre as 17.00 e as 20.00 h, realizarase o mercado en GANDAINA (rúa Curros Enríquez, 11).

Máis información: A ANPA Titongo busca darlle unha segunda vida a roupa e xoguetes coa realización dun mercado solidario

Documentos relacionados

  • Mercado solidario ANPA Titongo - Cartel (1 MB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión