Concello da Coruña

Concello da Coruña

Nenos e nenas da EIM Monte Alto aproxímanse á natureza e ao coidado da terra a través da actividade "Familias na horta"

Cando:

27 de novembro de 2024

Trátase dunha proposta dirixida ás familias que se realiza cada curso.

A Escola Infantil Municipal de Monte Alto estivo formando, durante as últimas semanas, o grupo de familias participantes en "Familias na horta", unha proposta que se realiza cada curso co obxectivo de aproximar a natureza aos nenos e nenas e favorecer que poidan realizar tarefas de cultivo e coidado da terra na contorna do barrio.

Grazas á colaboración da Asociación Veciñal Atochas Monte Alto e xunto ao programa ambiental no que participan, a escola ten a posibilidade de adquirir os materiais, produtos e recursos necesarios para realizar tarefas básicas de cultivo nas que os nenos e nenas da escola participan xunto coas súas familias.

Os mércores pola tarde é o día establecido de encontro na horta. Con todo, sempre que unha familia do grupo o desexe, pode acudir á horta sen problema.

Un proxecto ambiental para poñer en valor os recursos naturais que temos máis próximos

O proxecto ambiental Horta Brincadeira, no que participa a escola, quere destacar este curso a influencia que a luz, a auga, o aire e a terra teñen nos cultivos e nas plantas en xeral.

A través da observación e o xogo sensorial propóñense experiencias que motiven as nenas e nenos a valorar e coidar os recursos naturais que temos máis próximos e cos que nos sentimos máis identificados.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión