Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

O programa "Do mar á clase e da clase ao mar" daralle a coñecer a riqueza e importancia do medio mariño galego ao alumnado de 5.º e 6.º de primaria

Cando:

17 de marzo de 2025

A inscrición no programa, que inclúe a realización dun taller na aula e outro nunha das praias da cidade, pódese formalizar dende o 17 ao 31 de marzo.

O Concello abre hoxe o prazo de inscrición para participar no programa " Do mar á clase e da clase ao mar ", unha actividade de educación ambiental, organizada polo Servizo Municipal de Educación e desenvolvida pola cooperativa galega sen ánimo de lucro 13 Grados, que ten como obxectivo dar a coñecer o medio mariño galego, a súa riqueza e a súa importancia, e demostrar, dun modo dinámico e participativo, como o mar inflúe de forma directa nas nosas vidas e as nosas vidas inflúen na saúde do mar.

A actividade, que está dirixida a alumnos e alumnas de 5.º e 6.º de educación primaria dos CEIP da cidade, inclúe a realización de dous talleres complementarios: unha actividade na aula, na que se percorrerá o mundo submarino galego a través de dinámicas participativas e recursos audiovisuais, e unha actividade na natureza, na que os alumnos e alumnas poderán identificar de primeira man, nunha das praias da cidade, os diferentes rastros que as mareas deixan nesta contorna natural e a súa orixe.

Para inscribirse no programa será necesario cubrir a ficha específica correspondente entre o 17 e o 31 de marzo.

Máis información sobre o programa e os datos de contacto: Do mar á clase e da clase ao mar

Programa ao que pertence

  • Do mar á clase e da clase ao mar

    Programa de educación ambiental que busca levar aos centros educativos do Concello da Coruña unha serie de actividades para o coñecemento do medio mariño galego, a súa riqueza e a súa importancia, pero tamén para ser partícipes da súa conservación, comprendendo como o mar inflúe de forma directa nas nosas vidas e as nosas vidas inflúen na saúde do mar.

    Máis información

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible