21 de abril de 2020
Un estudo realizado para valorar esta proposta de lecer indica que do 13 ao 19 de abril formuláronselles ás familias un total de 27 retos
En concreto, o nivel de participación foi de 53.602 visitas realizadas aos blogs desde o 13 ao 19 de abril.
En canto á resposta das familias, na última semana expuxéronse un total de 27 retos. As familias podían participar respondendo a calquera a dous tipos de probas (Corpo en forma ou Mente en forma) ou a ambas, se así o desexaban. Aínda que a participación segundo o tipo de proba foi equilibrada, rexistrouse unha lixeira maioría de participación na proba Mente en forma, cunha participación do 53% fronte 47% na proba Corpo en forma.
Ademais contabilizáronse 121 participacións en 12 videochamadas realizadas aos seguintes colexios: Manuel Murguía, M.ª Barbeito, M.ª Pita, Ramón de la Sagra, Rosalía de Castro, Sal Lence, San Pedro de Visma e Nosa Sra. do Rosario.
O XOGO
O xogo consiste na superación de diferentes retos semanais para conseguir unha serie de puntos ou "antivirus" necesarios para derrotar o coronavirus e avanzar postos na clasificación xeral. Os retos serán probas sinxelas que hai que superar para acumular puntos para o teu colexio. Cada reto constará de dúas probas:
Os retos publicaranse no blog do xogo creado para cada colexio participante, os luns, mércores e venres ás 12:00 h. DISPÓS DE 36 HORAS PARA REALIZAR CADA RETO.
Noticias relacionadas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible