Concello da Coruña

Concello da Coruña

Os blogs de "Xaque ao virus" recibiron máis de 53.000 visitas na última semana

Cando:

21 de abril de 2020

Un estudo realizado para valorar esta proposta de lecer indica que do 13 ao 19 de abril formuláronselles ás familias un total de 27 retos

En concreto, o nivel de participación foi de 53.602 visitas realizadas aos blogs desde o 13 ao 19 de abril.

En canto á resposta das familias, na última semana expuxéronse un total de 27 retos. As familias podían participar respondendo a calquera a dous tipos de probas (Corpo en forma ou Mente en forma) ou a ambas, se así o desexaban. Aínda que a participación segundo o tipo de proba foi equilibrada, rexistrouse unha lixeira maioría de participación na proba Mente en forma, cunha participación do 53% fronte 47% na proba Corpo en forma.

Ademais contabilizáronse 121 participacións en 12 videochamadas realizadas aos seguintes colexios: Manuel Murguía, M.ª Barbeito, M.ª Pita, Ramón de la Sagra, Rosalía de Castro, Sal Lence, San Pedro de Visma e Nosa Sra. do Rosario.

O XOGO

O xogo consiste na superación de diferentes retos semanais para conseguir unha serie de puntos ou "antivirus" necesarios para derrotar o coronavirus e avanzar postos na clasificación xeral. Os retos serán probas sinxelas que hai que superar para acumular puntos para o teu colexio. Cada reto constará de dúas probas:

  • Proba CORPO EN FORMA: serán tarefas que teñen que ver coa actividade física e o deporte e que poderás facer na casa.
  • Proba MENTE EN FORMA: serán tarefas que fomentarán o desenvolvemento da túa creatividade. Cun pouco de imaxinación, seguro que as fas facilmente.

Os retos publicaranse no blog do xogo creado para cada colexio participante, os luns, mércores e venres ás 12:00 h. DISPÓS DE 36 HORAS PARA REALIZAR CADA RETO.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión