Alumnado de 6º de Educación Primaria
16/05/2025
A partir das 10.30 horas.
Facultade de Ciencias da Educación. Lugar Castro de Elviña (Campus de Elviña) s/n. 15008 A Coruña
Terá lugar o venres 16 de maio de 2025, ás 10.30 horas, na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña.
A organización desta fase corre a cargo de AGAPEMA coa colaboración do Concello da Coruña e da Consellaría de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, a través dos Centros de Formación e Recursos.
O Xurado da Fase Final encargarase da valoración das probas e decidirá os equipos gañadores. O seu verdicto será inapelable. A corrección realizarase asegurando tanto o anonimato de cada participante como o do centro de orixe. Non se fará pública, en ningún caso, a puntuación obtida por cada equipo participante. Entregarase un diploma acreditativo a todos os participantes da Fase Final Galega. Os tres equipos participantes que demostren unha maior destreza na resolución de problemas recibirán, ademais do diploma acreditativo, un obsequio.
Máis información na web de AGAPEMA (https://agapema.org/actividades/rebumbio-matematico/) e na páxina do programa ( Rebumbio matemático 2024-25 ).
Programa ao que pertence
Actividade para fomentar o espírito cooperativo e de traballo en grupo a través das matemáticas.
Máis informaciónDocumentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible