19 de novembro de 2024
Un total de 11 nenos e nenas participaron no programa, onde falaron acerca das novas ideas e proxectos sobre os que van traballar ao longo deste curso.
Con motivo do Día Mundial da Infancia o 20 de novembro, 11 nenos e nenas da cidade, en representación do Consello local da infancia da Coruña (CLIAC), acudiron como convidados/as pola Cadena Ser a participar no seu programa informativo matinal.
O Consello Local da Infancia é un órgano de representación infantil onde nenos e nenas de toda a cidade de 5º e 6º de primaria, así como de 1º de ESO, trasládanlle ao concello as súas necesidades, propostas e inquietudes que afectan á infancia no seu día a día; exercendo así o seu dereito á participación e levando á práctica o traballo de cidadanía participativa, coa culminación dun pleno infantil.
Durante a entrevista, os nenos/as participantes expresaron a súa motivacións por participar neste proxecto así como as novas ideas e proxectos sobre os que van traballar este curso.
Programa ao que pertence
O Concello da Coruña, a través do Servizo de Educación, promove o Consello Local da Infancia da Coruña, CLIAC, cuxo obxectivo é constituír un grupo estable de traballo con nenos e nenas da cidade que traslade a voz de infancia ás políticas públicas do Concello.
Máis informaciónSentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible