17 de decembro de 2024
A ANPA da EIM Carricanta organiza, o vindeiro xoves 9 de xaneiro, un taller téorico e práctico impartido por Emma Enríquez, especialista en nutrición infantil.
A alimentación é un aspecto fundamental nos primeiros anos dos nenos e das nenas. É por iso que o momento de iniciar a alimentación complementaria e de introducir os sólidos pode traer dúbidas e medos. Neste contexto, a ANPA da EIM Carricanta tráenos un taller teórico e práctico no que, da man de Emma Enríquez, especialista en nutrición infantil, poderemos aprender acerca da introdución de novos alimentos, posibles formas de preparación ou como ir afacendo os/as nosos/as fillos/as a novas texturas. Haberá unha parte práctica e o taller estará enfocado na alimentación saudable.
Data de realización e inscrición
O taller realizarase o vindeiro xoves 9 de xaneiro, ás 17.00 horas, na escola (rúa José María Hernansáez, 11, baixo, 15009, entrada polo portalón de abaixo, enfronte de Correos) e terá unha duración aproximada de 2 horas.
Será gratuíto para as persoas socias da ANPA e terá un custo de 10 € para as non socias. En canto á inscrición, estará aberta ata o 7 de xaneiro a través da seguinte ligazón: https://forms.fillout.com/t/uUr88ijLMZus.
Unha vez que se confirmen as prazas, desde a ANPA poñeranse en contacto coas persoas non socias para explicar o método de pago.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible