27 de marzo de 2023
Dirixido ao alumnado de 3.º de primaria (8-9 anos)
A formiga Icía, interpretada por La Fiesta Escénica, é unha obra de teatro para nenos/as co encanto dun conto ilustrado. A escenografía e decorados fan que os actores e as actrices parezan bichiños dentro dun conto colorido e tridimensional.
A protagonista, unha formiga que non quere traballar, aprenderá valores como a amizade ou a lealdade e tamén os límites da tolerancia ou o egoísmo e o perdón.
Os centros interesados en participar deben cubrir entre o 27/03/2023 e o 31/03/2023 a Ficha de solicitude xeral e a Ficha de solicitude específica.
A representación será na DOMUS e o transporte será facilitado polo Concello.
Programa ao que pertence
Obra de teatro para nenos/as co encanto dun conto ilustrado. A escenografía e decorados fan que os actores e as actrices parezan bechiños dentro dun conto colorido e tridimensional.
A protagonista, unha formiga que non quere traballar, aprenderá valores como a amizade ou a lealdade e tamén os límites da tolerancia ou o egoísmo e o perdón.
Máis informaciónDocumentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible