Concello da Coruña

Concello da Coruña

Xaque ao virus: carta das ANPAS ás familias

Cando:

20 de marzo de 2020

A Federación Provincial de ANPAS de centros públicos de A Coruña desenvolve un programa que favorece a ocupación de escolares e familias durante o confinamento

Para informar, redactou o seguinte comunicado:

Estimadas ANPAS:

Ante todo transmitirvos todo o noso ánimo para poder aturar o aillamento necesario para combatir a extensión da pandemia.

Ante esta insólita situación, desde un dos nosos  obxectivos fundamentais como organización como é o fomento da protección da infancia e a xuventude, e por puro convencemento, pensamos que temos que colaborar, unha vez mais e na medida das nosas posibilidades na procura dun tempo de lecer organizado para a nosa rapazada, que supla en certa medida o tempo no que viñan realizando as nosas actividades extraescolares.

Por iso, vimos de crear un programa, no marco do Convenio co Concello da Coruña e coa súa inestimable colaboración, particularmente do Servizo Municipal de Educación, "XAQUE AO VIRUS", que ofrecemos a todos os participantes nas nosas actividades extraescolares para que poidan seguir a facelas e ademais cos seus educadores e/ou monitores, mantendo así o contacto con todos eles e os seus compañeiros e compañeiras.

Sabemos que hai moita oferta de entretenimento on line, pero a nosa  responsabilidade lévanos a crer que o que o período de ficar na en casa vai ser longo e que o tempo libre ten que ser organizado e socializador. A rapazada, e as familias, poderán participar no noso proxecto e ainda convidar á participación dos seus coñecidos, facer seguimento dos seus compañeiros e compañeiras, esforzarse en acadar maior puntuación para o seu grupo dese centro educativo,...en definitiva, interactuar, aprender, socializar, compartir,...todos eses valores que desde sempre buscamos e que hoxe mais que nunca temos que potenciar e ser quen de transmitir aos nosos fillos e fillas....Pretendemos que este programa "Xaque ao virus" chegue a todas as familias, polo que unha vez mais pedimos a vosa cooperación cara á maior difusión posible entre os vosos asociados, tanto do comezo deste programa, que será o vindeiro luns por ser hoxe día non lectivo, como das instruccions que en breve vos remitiremos.

Grazas coma sempre pola vosa axuda.

A Federación de ANPAS colabora co Servizo Municipal de Educación xestionando os programas de Lecer educativo 2020-21 , Luditarde 2020-21 e Deporte no centro 2020-2021 .

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión