21 de xaneiro de 2025
Pais e nais, nenos e nenas e docentes, percorrerán as rúas de Monte Alto acompañados de técnicos de STOP Accidentes na actividade da escola coas familias desta semana.
A Escola Infantil Municipal de Monte Alto celebra este martes 21 de xaneiro unha nova actividade con familias.
Nesta ocasión, a Asociación STOP Accidentes colabora coa escola para informar as familias da importancia de coñecer as normas de seguridade viaria, tanto cando imos andando como cando somos condutores/as de vehículos (patíns, monopatíns, bicicletas etc.).
A actividade consistirá nun paseo polas rúas do barrio de Monte Alto. O percorrido ofrece a oportunidade de observar e recoñecer espazos e situacións que poden resultar problemáticas. Unha excelente ocasión para preguntar e recibir consellos.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible