Proxectos educativos da Escola Infantil Municipal Agra do Orzán
Actividades estrela
Mensualmente realízanse actividades estrelas: actividades que se realizan no centro para celebrar días conmemorativos e abordar así temáticas de interese.
Dentro deste programa desenvólvense os talleres en familias: son actividades específicas que se realizan cos pais e coas nais do alumnado. O obxectivo principal destes talleres é mellorar a relación familia-escola, favorecer momentos familiares, e a comunicación e relación entre os membros da comunidade escolar.
Dentro deste programa tamén se inclúen diferentes saídas que se programan durante o curso escolar, que transportan o noso labor educativo a outros contextos (museos, granxas, bibliotecas, lugares de interese da cidade...) e nas que os/as nenos/as poden vivir novas experiencias educativas e gozar da emoción de realizar a primeira "excursión escolar". Ademais, prográmanse saídas escolares en familia, nas que todos xuntos, familias, nenos/as e docentes da escola gozamos dun día de lecer, convivencia familiar e aprendizaxe.
Camiñando de Do a Do
Proxecto centrado en desenvolver competencias artísticas nos nenos e nenas a través da expresión musical. Con este proxecto trabállanse diferentes habilidades artísticas a través da música, o baile, o teatro... á vez que coñecen diferentes ritmos e achégase a cultura musical galega e nacional.
Camiñando de Do a Do desenvólvese dentro do horario escolar en todos os niveis.
Baby-English. Iniciación á lingua estranxeira: inglés
Ademais da participación no programa de ensino en lingua estranxeira municipal. Na escola realízanse actividades de iniciación ao inglés desde os 0 anos cunha metodoloxía adaptada ao grupo escolar.
Este programa tamén se inclúe no horario escolar de cada unidade.
Agraleo: plan de fomento da lectura
Preténdese que o alumnado se achegue á lectura, inculcar un hábito e actitude positiva cara á lectura a través do xogo e a experimentación. Este plan desenvólvese de forma experimental por primeira vez no curso escolar 2016-2017.
Dentro do plan incluímos:
Traballo por proxectos
Desde a escola traballamos con proxectos de interese para nenos e nenas da escola que favorece o coñecemento e a comprensión da súa contorna e o desenvolvemento de diferentes competencias (lingüística, matemática, social, artística, autonomía, tecnolóxica...).
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible