A REIM é unha rede integrada por escolas infantís de titularidade municipal, xestionadas por concesionarias, que escolarizan a menores de 0 a 3 anos empadroados/as, preferentemente, no termo municipal do Concello da Coruña.
Rede de Escolas Infantís Municipais (REIM)
Constituída por 8 escolas que atende a menores de 0 a 3 anos:
Todas as escolas están sometidas á normativa vixente para as escolas do primeiro ciclo de Educación Infantil (0-3 anos), e ao Regulamento de organización e funcionamento da Rede de Escolas Infantís Municipais do Concello da Coruña, publicado no BOP número 33 do 16 de febreiro de 2023.
Ademais, réxense por un Regulamento de Réxime Interno propio e identificativo, no que se recollen as normas de convivencia, de organización e funcionamento de cada unha delas.
A REIM ofrece un servizo educativo de calidade para a primeira infancia, entendendo a educación como un dereito do/a neno/a para o desenvolvemento integral da súa personalidade (físico, afectivo, intelectual, moral e social), nun ambiente adecuado ás súas necesidades e en contacto con outros/as nenos/as. Esta función educativa é complementaria á educación recibida no seo do propio ambiente familiar.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible