Concello da Coruña

Concello da Coruña

Consello escolar municipal

Sede do Consello Escolar

Os Consellos Escolares municipais son órganos colexiados a través dos que os sectores interesados no ensino non universitario participarán na programación do mesmo no ámbito municipal, tal e como os define a Lei 3/1986, sobre Consellos escolares de Galicia.

No desenvolvemento da Lei, o Decreto 44/1988 desenvolve e regula, xunto ao Consello Escolar de Galicia e os Consellos territoriais, a composición e procedemento de elección do Consello Escolar municipal, determinando no seu art. 31.1 que nos concellos de máis de 25.000 habitantes, o Consello Escolar municipal terá a seguintes composición:

"1.1. O alcalde ou membro da Corporación en que delegue, que será o presidente.

1.2. Dez profesores dos niveis educativos correspondentes ao ámbito do ensino non universitario de Galicia propostos por sindicatos ou asociacións profesionais proporcionalmente á representación obtida nas eleccións sindicais do sector docente, no municipio, distribuídos da seguinte forma:

1.2.1. Seis do ensino público.

1.2.2. Catro do ensino privado.

1.3. Seis pais de alumnos propostos pola federación de asociacións de pais de alumnos (que no caso da Coruña, segundo o seu Regulamento Interno, distribúense: catro para a Federación de Anpa de centros públicos e dous para a de centros privados concertados).

1.4. Catro alumnos elixidos polos representantes dos alumnos en Consellos Escolares dos centros existentes no municipio.

1.5. Dez membros elixidos segundo o que dispoña a Corporación municipal, de acordo co establecido no artigo 16.1.b) da Lei do Parlamento de Galicia 3/1986, do 18 de decembro."

COMPETENCIAS

E no artigo 27.1, do dito Decreto determínase que

"Os Consellos Escolares municipais serán consultados pola Administración educativa e deberán ser consultados tamén polos respectivos Concellos sobre as seguintes cuestións:

  1. Convenios e acordos de colaboración coa Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria ou calquera outra Administración pública que afecten ao ensino dentro do ámbito municipal
  2. Actuacións e normas municipais que afecten aos servizos educativos complementarios e extraescolares con incidencia no funcionamineto dos centros docentes, tales como transporte escolar, comedores, servizos de limpeza e conservacións
  3. Actuacións e normas municipais que afecten ou favorezan a ocupación real das prazas escolares, coa finalidade de mellorar o rendemento educativo e, se é o caso, facer efectiva a obrigatoriedade do ensino
  4. Situación de centros docentes dentro da demarcación municipal
  5. Prioridade nos programas e actuacións municipais que afecten á conservación, vixilancia e mantemento adecuado dos centros docentes
  6. Fomento das actividades tendentes a mellorar a calidade educativa, especialmente no que respecta á adaptación da programación ao medio
  7. Competencias educativas que afecten ao ensino non universitario e que a lexislación outorgue aos municipios
  8. Calquera outro asunto que pola súa importancia para a vida escolar do Concello lle sexa consultado
  9. Na programación de investimentos en materia educativa

BREVE HISTORIA DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL DA CORUÑA

O Consello Escolar Municipal da Coruña é, probablemente, o máis antigo de Galicia. Creouse a consecuncia da aprobación do Decreto do 4 de decembro de 1980, que regulaba os órganos colexiados de goberno dos centros públicos e determinaba a posibilidade de crear Consellos Escolares municipais.

  • A primeiro CE da Coruña creouse o 27 de novembro de 1981 e tivo unha duración ata 1983.
  • 10 de outubro de 1983, o Pleno municipal crea o Consello de forma que pervive ata a actualidade.
  • A súa primeira reunión foi o 6 de febreiro de 1984.
  • O 16 de setembro de 1985 houbo un novo acordo do Pleno para adaptalo á LODE, que entrase en vigor en xullo dese ano.
  • Na reunión do Consello de data 25 de xaneiro de 2024 aprobáronse as Normas internas de funcionamento do Consello Escolar Municipal do Concello da Coruña (CEMAC) e aprobáronse por Decreto de Alcaldía de data 15 de febreiro de 2024 (anotada no Libro de Resolucións da Alcaldía co núm.DEC/AYT/713/2024).

Consulta:

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión