Concello da Coruña

Concello da Coruña

Mus-e 2021-22

Obxecto:

Fomentar a educación en valores con obxecto de mellorar a cohesión social e reducir as situacións de conflito, acoso e violencia, fomentando o intercambio intercultural e a riqueza da diversidade e facilitando o respecto ás diferenzas culturais, étnicas e sociais.

A quen vai dirixido?:

O proxecto está desenvolto por artistas en activo con formación pedagóxica, en presenza de persoa titora, en aulas desde Infantil 5 anos ata 2º ESO.

Inscrición centros

Ficha de solicitude xeral (a cubrir polo centro)

As sesións MUS-E desenvólvense entre novembro e maio do curso escolar; e os días de portas abertas entre marzo e xuño. A formación de docentes leva a cabo no primeiro trimestre e o traballo con familias ao longo de todo o curso escolar.

Semanal e/ou quincenal

Máis información:

A Fundación Yehudi Menuhin España e a Fundación Paideia desenvolven MUS-E na Coruña desde 2015. O traballo en horario lectivo é posible grazas ao acordo asinado por ambas as entidades coa Consellaría de Educación da Xunta de Galicia.

Entidades colaboradoras

Fundación Yehudi Menuhin España:

www.fundacionyehudimenuhin.org

Fundación Paideia:

www.fundacionpaideia.org

Prezo / Custo:

Gratuíto para o centro escolar.

A finalidade do Programa MUS-E é o traballo desde as Artes, no ámbito escolar, como ferramenta que favorece a integración social, educativa e cultural do alumnado e as súas familias, mellorando con iso o seu rendemento na aula.

MUS-E fai fincapé na importancia do diálogo e a interacción así como o desenvolvemento da creatividade e a imaxinación na práctica educativa para a mellora das aprendizaxes na escola e o traballo en valores.

Actividades

O programa realízase a través de sesións e obradoiros impartidos por artistas en activo, de diferentes culturas, cunha elevada formación artística e experiencia pedagóxica, nos que se tenta que as persoas participantes (menores, familias e docentes) canalicen a súa creatividade, reforcen a súa autoestima e melloren as súas aprendizaxes.

Sen dúbida, un alumnado motivado é un alumnado que aprende.

Centros onde se oferta

CEIP Raquel Camacho, CEIP San Pedro de Visma, IES Agra do Orzán e IES Rafael Dieste.

Condicións do programa

O proxecto lévase a cabo en horario lectivo e por tanto trabállase con todo o grupo-aula. O proxecto inclúese na PGA do centro e debe ser previamente aprobado polo claustro escolar. A participación activa do ANPA é moi desexable xa que o traballo será coas familias.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión