Concello da Coruña

Concello da Coruña

Escolares de infantil e primaria participan no espectáculo "FMS (Funny Music Storytelling)" como parte do programa "Idiomas no centro"

Cando:

20 de decembro de 2024

Unha actividade organizada por Proxecto Bululú e que forma parte do programa educativo do Concello da Coruña "Idiomas no centro".

Máis de 200 escolares de educación infantil e educación primaria de diferentes CEIP do Concello da Coruña asistiron, o pasado luns 16 de decembro, ao Fórum Metropolitano, para gozar do Espectáculo "FMS (Funny Music Storytelling)".

O espectáculo, desenvolvido polo equipo de Proxecto Bululú, dividiuse en dúas sesións, de 45 minutos de duración cada unha delas. A primeira estivo dirixida a escolares de educación infantil, mentres que a segunda foi para estudantes de 1.º a 3.º de primaria inscritos no Programa de lecer municipal "Idiomas no centro".

O programa educativo do Concello da Coruña "Idiomas no centro" busca fomentar o coñecemento dun idioma estranxeiro (inglés ou francés) nun contexto lúdico que reporte unha experiencia positiva durante o proceso de aprendizaxe.

Programa ao que pertence

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión