Concello da Coruña

Concello da Coruña

Máis de 50 escolares de 4.º, 5.º e 6.º de primaria gozaron do espectáculo "FMC (Funny Music Contest)", de Proxecto Bululú

Cando:

20 de decembro de 2024

A actividade, organizada por "Proxecto Bululú", está enmarcada no programa educativo "Idiomas no centro".

Máis de 50 escolares de 4.º, 5.º e 6.º de educación primaria de diferentes CEIP do Concello da Coruña acudiron o pasado luns 16 de decembro ao Fórum Metropolitano, para gozaren do espectáculo "FMC (Funny Music Contest)".

A actividade estaba organizada polo Proxecto Bululú, composto por un grupo de profesionais con máis de dez anos de experiencia laboral como xestores, técnicos e dinamizadores de proxectos e actividades socioculturais e educativas.

Este espectáculo forma parte do programa educativo do Concello da Coruña "Idiomas no centro", que busca fomentar o coñecemento dun idioma estranxeiro (inglés ou francés) nun contexto lúdico que reporte unha experiencia positiva durante o proceso de aprendizaxe.

Programa ao que pertence

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión